O alumnado do colexio de Os Blancos e do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Monterrei protagonizou unha Feira de Ciencia no centro de Limia, cunha proposta baseada na experimentación directa e a participación activa dos estudantes.
Durante a xornada, os alumnos explicaron conceptos científicos fundamentais como o principio de Arquímides, a electricidade estática, as leis de Newton e o nivel de pH mediante diversos postos de experimentación. Un dos momentos máis destacados foi unha representación teatral onde se utilizou a corrente eléctrica para producir sons, acto co que se presentou oficialmente o novo club de ciencia «Como mola Eureka».
A actividade contou co apoio dos directores de ambos centros, María Teresa Santamaría (CRA Monterrei) e José Rodríguez (Os Blancos), e foi coordinada por Ángela (CRA Monterrei) e Manuel Lamoso (Os Blancos), responsables dos clubs de ciencia. Os docentes destacaron a importancia da metodología de «aprender facendo», sinalando que este tipo de experiencias prácticas permiten un coñecemento moito máis duradeiro e significativo que o estudo puramente teórico dos libros.
Este evento serviu, ademais, para demostrar a calidade da educación que se ofrece no ámbito rural a través da integración da ciencia e a comunidade escolar.