Queixas no pleno de Xinzo pola limpeza das instalacións deportivas e o estado das rúas
A oposición trasladou ao goberno municipal de Xinzo de Limia as queixas veciñais polo mal estado das instalacións deportivas e varias carencias nos servizos públicos durante o último pleno. Deporte e mantemento Os grupos do BNG e PSdeG denunciaron a falta de limpeza no pavillón e na piscina. O goberno municipal afirmou que xa reclamou á empresa encargada e que solicitou unha axuda de máis de 300.000 euros á Xunta para reformar o teito e a fachada do pavillón e cambiar o chan do ximnasio.…











