← Volver Diario do Limia

Primeira gran inversión pública en décadas nos Blancos: unha residencia para maiores de 24 prazas

Primeira gran inversión pública en décadas nos Blancos: unha residencia para maiores de 24 prazas

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Aprobación da construción e xestión dunha residencia para maiores en Os Blancos, con apoio da Xunta e da Deputación. A residencia, con 24 prazas, crearase antes de xuño de 2026 e terá un impacto positivo na creación de emprego e no benestar dos maiores da zona.

O Concello de Os Blancos aprobou o pasado venres, cos seis votos dos edís do Partido Popular e ante a ausencia da única representante do PSdeG na Corporación, a adxudicación da Redación do Proxecto,Direción Facultativa, Construción, Equipamento e Explotación da Residencia para persoas maiores do municipio por un importe de 2.000.757,76 euros, coa que se dotará a este concello ourensán dun total de 24 prazas de residentes ao remate das obras, non máis alá do vindeiro 30 de xuño de 2026.

A Xunta de Galicia apoiará o proxecto cunha achega de 1,2 millóns de euros, que será complementada con outra de Deputación de Ourense, de 323.000 euros. A diferencia, até os dous millón orzamentados, correrá a cargo do adxudicatario co contrato, a empresa ourensana Coviastec, S.L., que explotará a miniresidencia de Os Blancos durante os vindeiros 40 anos.

Pleno 28 de marzo de 2025 no Concello de Os Blancos.

Características construtivas

A nova instalación, cun deseño moderno e funcional, estará distribuída en tres plantas. A edificación, que se adapta á topografía do terreo para minimizar o impacto visual, contará con instalacións de vangarda e espazos pensados para o benestar dos seus residentes.

No soto, situaranse os cuartos de instalacións, almacéns, vestiarios do persoal e a lavandería. A planta baixa albergará as dependencias principais da residencia, incluíndo zonas de estar e comedor, cociña, recepción e seis habitacións (tres dobres e tres individuais).

A planta primeira estará dedicada a servizos sociosanitarios, con espazos para rehabilitación, consulta médica e enfermería, sala de curas e outras dependencias secundarias. Ademais, disporá de oito habitacións (sete dobres e unha individual).

O edificio, de nova construción, segue a orientación establecida no plan especial (aproximadamente leste-oeste) e busca integrarse harmoniosamente na paisaxe, evitando que ningunha das súas fachadas supere as dúas plantas de altura.

Un «fito histórico»

José Manuel Castro Blanco, o rexedor municipal, non escondía o pasado venres, logo do pleno, a súa satisfacción por «termos conseguido este importantísimo proxecto para o noso municipio, que non é máis que un claro exemplo de tesón, esforzo e compromiso. Os Blancos ten un equipo de Goberno serio, traballador. Deixamos de ser un Concello sinalado en tempos pola súa alta débeda, para sermos capaces de investir no rural”, sinalou.

Castro Blanco cifrou «nuns 12 ou 13 os postos de traballo directos que se crearán coa súa posta en marcha, ademais do beneficioso que será para os nosos maiores contar cunha residencia a carón da casa na que viven, sen necesidade de desprazarse, no ocaso da súa vida, lonxe da aldea na que sempre residiron», rematou o rexedor do Concello dos Blancos.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia Os Blancos prensa local
Tamén che pode interesar
O CEIP de Os Blancos celebra a súa primeira Feira da Ciencia
Diario do Limia O CEIP de Os Blancos celebra a súa primeira Feira da Ciencia
O CEIP Plurilingüe de Os Blancos celebrou a súa 1ª Feira da Ciencia, un evento pioneiro na provincia que transformou o centro nun laboratorio interactivo. A xornada contou coa participación de case 50 alumnos e alumnas que, en colaboración co CRA Monterrei, demostraron unha metodoloxía baseada na aprendizaxe práctica e experimental. Esta iniciativa destaca por ser a primeira en involucrar de xeito activo ao alumnado de educación infantil en dinámicas de exposición pública. O proxecto foi coordi…
3 de junio de 2026 2 min lectura