O BNG de Xinzo traslada o malestar dos hostaleiros locais pola organización das festas patronais de Santa Mariña, criticando a falta de diálogo co sector.
Segundo os profesionais do sector, o goberno municipal decidiu concentrar a maioría das actuacións musicais nun só punto, o que provocou que as zonas onde están os seus negocios teñan moi pouco ambiente e clientela durante as noites de festa.
Ademais, o BNG denuncia falta de transparencia na xestión da barra instalada na zona dos concertos. O partido sinala que non se fixo ningún proceso público para a súa adxudicación, polo que esixen ao Concello que explique:
- Por que non se consultou co sector antes de programar as festas.
- Que criterios se seguiron para organizar a barra.
- Como foi o procedemento para conceder ese servizo.