
NOTICIAS XINZO | Visita de respaldo Institucional a Limisi e CDR O Viso
- Fonte
- Diario do Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 4 dec. 2024
O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, acompañado polo tenente de alcalde, Antonio Fernández Veiga, e a concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Martínez, recibiu esta mañá a Begoña Abeijón, directora xeral de Persoas con Discapacidade, e a Patricia Torres, deputada provincial de Políticas Sociais, nunha visita ao Centro Ocupacional Limisi e ao CDR O Viso.
O obxectivo deste encontros foi coñecer de primeira man o funcionamento de ambos centros, fundamentais no apoio a colectivos vulnerables e no desenvolvemento social e rural. Tanto Limisi como o CDR O Viso destacan pola súa implicación e servizo, que transcenden os límites municipais para chegar a toda a comarca e, en moitos casos, tamén a nivel provincial.
Autoridades locais e provincias na visita ao centro Limisi.
A concelleira Ángeles Martínez subliñou a importancia destes centros, afirmando que “o traballo de Limisi e do CDR O Viso é imprescindible, non só para as veciñas e veciños de Xinzo, senón para toda a Limia. Son referentes na atención ás persoas con diversidade funcional e no impulso de proxectos de inclusión e desenvolvemento social. Desde o Concello seguiremos colaborando e atendendo ás súas necesidades para garantir que continúen co seu labor tan valioso”.
Ángeles Martínez, concelleira de Servizos Sociais; Patricia Torres, deputada provincial de Políticas Sociais e Amador Díaz, Alcalde de Xinzo de Limia.
Durante a visita, os representantes públicos tiveron a oportunidade de dialogar cos equipos de traballo e recoller as súas demandas, co compromiso de reforzar as accións que melloren os recursos e servizos dispoñibles.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


