Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Diario do Limia

NOTICIAS XINZO | O Concello inviste case 300.000 euros nas pistas do rural

2 min de lectura

Fonte
Diario do Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
18 set. 2024
Ver a noticia orixinal

O Concello de Xinzo de Limia está levando a cabo unha serie de obras destinadas a mellorar o estado das pistas rurais, coa finalidade de facilitar o acceso e a seguridade viaria. Estas intervencións, financiadas a través de diversas subvencións da Consellería do Medio Rural, supoñen un importante paso nas infraestruturas viarias e na calidade de vida dos veciños e veciñas das zonas de influencia.

 

Unha das actuacións máis destacadas desenvolveuse nas pistas de Solveira, Rebordechá e O Bouzo, que foran afectadas pola concentración parcelaria. Neste caso, rehabilitouse un total de 3.340 metros lineais de pistas, cun investimento de 189.565,67 euros. Estas melloras permitirán unha circulación máis fluída e segura, tanto para os residentes como para a maquinaria agrícola, moi presente nesta zona.

Pista na localidade de Solveira.

 

 

 
Dentro do Plan Marco da Consellería do Medio Rural, o Concello tamén está a actuar en tres pistas situadas nas parroquias de Gudes, Guntimil e Baronzás. Estas obras, cunha lonxitude total de 4.187 metros e un orzamento de 92.900 euros, mellorarán de forma significativa o estado das vías.
 
Moncho Gómez, concelleiro de Obras e Infraestruturas, resaltou a importancia destas intervencións para o benestar dos habitantes do rural: “Estas obras son cruciais para garantir que os veciños e veciñas teñan un acceso axeitado ás súas vivendas e terras. Ademais, nas pistas beneficiadas, estanse a empregar diferentes tipos de asfaltado, segundo as características de cada tramo, o que nos permite prolongar a vida útil das infraestruturas e mellorar a súa resistencia ao paso do tempo e ao tráfico agrícola”.

Pista na localidade de O Bouzo.

 
 
En conxunto, as obras nas seis zonas supoñen un investimento de 282.465,67 euros en 7.527 metros de vías, demostrando o compromiso de mellorar as infraestruturas viarias, especialmente nas áreas rurais, que precisan este tipo de intervencións para impulsar a conectividade e apoiar o desenvolvemento económico local.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser