← Volver Diario do Limia

Un home queda gravemente ferido tras caer dunha árbore en Rairiz de Veiga

Un home queda gravemente ferido tras caer dunha árbore en Rairiz de Veiga

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un home resultou gravemente ferido este sábado na aldea de Zapeaus, no concello de Rairiz de Veiga, ao precipitarse desde unha altura aproximada de catro metros mentres realizaba labores de poda dunha árbore.

O 112 Galicia coordinou a resposta emerxente tras recibir o aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, solicitando tamén a intervención da Guardia Civil para asegurar a zona e axudar nas labores de asistencia.

Debido á gravidade das lesións, o herido foi estabilizado no lugar do accidente e trasladado mediante un helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para recibir atención especializada.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local Rairiz de Veiga
Tamén che pode interesar
Abre o prazo para apuntarse aos cursos da piscina de Xinzo
Diario do Limia Abre o prazo para apuntarse aos cursos da piscina de Xinzo
A Piscina Climatizada de Xinzo de Limia abre este luns 21 de setembro as inscricións para as súas actividades deportivas da nova tempada. Para anotarte, debes acudir de xeito presencial ás instalacións da piscina. Como as prazas son limitadas, recoméndase acudir canto antes para garantir a túa reserva. As actividades dispoñibles para este curso son as seguintes: Natación Aquagym Pilates Aerobic-zumba Ximnasia de mantemento
15 de septiembre de 2026 1 min lectura
A Garda Civil organiza unha carreira solidaria en Ourense o 4 de outubro
Diario do Limia A Garda Civil organiza unha carreira solidaria en Ourense o 4 de outubro
O vindeiro 4 de outubro, a Praza Maior de Ourense acollerá a terceira edición da carreira solidaria da Garda Civil, a favor da asociación ASPANAS. A proba, que terá como madriña á árbitra Zulema González, divídese en tres categorías: Absoluta: ás 11.00 horas, cun percorrido de 6.350 metros. Sub12 (7 a 12 anos): ás 12.30 horas, sobre 1.000 metros. Pitufos (0 a 6 anos): ás 12.45 horas, cunha distancia simbólica de 100 metros. Como inscribirse: Online en Sportmaniacs.com ou na tenda RunManiak…
9 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser