← Volver Diario do Limia

Fallece unha menina de 11 anos en Ourense por unha sospeita de infección meningocócica

Fallece unha menina de 11 anos en Ourense por unha sospeita de infección meningocócica

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Consellería de Sanidade confirmou o falecemento dunha menor de 11 anos na provincia de Ourense debido a unha sospeita de infección meningocócica invasora. Ante este suceso, a Dirección Xeral de Saúde Pública activou inmediatamente o protocolo de control para evitar a propagación da patoloxía e realizar o seguimento do contorno da menor.

O Departamento Territorial de Sanidade de Ourense identificou a 104 persoas que tiveron contacto estrecho coa falecida nos últimos 10 días, incluíndose os ámbitos familiar, sanitario, educativo e social. Estas persoas foron citadas para recibir a quimioprofilaxis recomendada nos protocolos sanitarios.

Como medida preventiva a longo prazo, a administración autonómica anunciou unha ampliación nas pautas de vacunación. A partir do mes de maio, Galicia será a primeira comunidade en administrar a vacina contra o meningococo B (a forma máis frecuente de meningitis) aos menores que acudan ao centro de saúde para a revisión dos 12 anos.

Esta nova medida complementa o calendario vacunal xa existente (que inclúe doses aos 2 e 4 meses e un reforzo ao primeiro ano de vida). Os menores que non completaran o ciclo previo recibirán dúas doses aos 12 anos, mentres que o resto recibirá unha única dosis de reforzo.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
O equipo de cachibol de Xinzo de Limia competirá no II Torneo Interprovincial de Venturada
Diario do Limia O equipo de cachibol de Xinzo de Limia competirá no II Torneo Interprovincial de Venturada
O equipo de cachibol de Xinzo de Limia participará o domingo 10 de maio no II Torneo Interprovincial Venturada 2026, que se celebrará no Pabellón Municipal de Venturada, na Comunidade de Madrid. A competición, organizada por Venturada Deportes co apoio da Comunidade de Madrid, reunirá a diversos equipos de distintas provincias. O evento céntrase na práctica do newcom (ou cachibol), unha modalidade derivada do voleibol que está a medrar progresivamente en Galicia. Este grupo de deportistas xa c…
5 de mayo de 2026 1 min lectura
Un home ferido nun accidente en Xinzo de Limia
Diario do Limia Un home ferido nun accidente en Xinzo de Limia
Na tarde deste martes 12, produciuse un accidente na estrada de Morgade, á altura do número 103, en Xinzo de Limia, que resultou nun home ferido. O incidente comezou cunha saída de vía do vehículo. Tras o primeiro impacto, o condutor abandonou o automóbil sen lesións aparentes de gravidade. Porén, o coche, que presuntamente non tiña o freio de man activado, comezou a retroceder cunha porta dianteira aberta, golpeando ao propio condutor antes de impactar contra a fachada dun almacén situado nas …
12 de mayo de 2026 1 min lectura