A Agrupación Musical da Limia participará o vindeiro 25 de xullo no prestixioso World Music Contest (WMC) de Kerkrade, nos Países Baixos, tras superar un rigoroso proceso de selección.
Este certame, coñecido como o Mundial da Música de Vento e Percusión, celébrase cada catro anos e reúne a máis de 300 bandas de todo o planeta.
A participación da formación limiana no evento está financiada polas seguintes administracións:
- Xunta de Galicia
- Deputación de Ourense
- Concello de Xinzo de Limia
Os deputados autonómicos Cristina Campero e José Luis Ferro asistiron ao concerto de despedida celebrado en Xinzo de Limia para amosar o seu apoio a este grupo, que levará o talento ourensán ao escenario internacional.