
Xinzo de Limia mellora a comunicación viaria das súas aldeas
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 25 xan. 2024
O Concello de Xinzo de Limia acomete novas actuacións nas pistas do rural ó abeiro do Plan MARCO, investindo 85.000€ en 3.800 metros de estrada. No día de hoxe, o alcalde Amador Díaz e o concelleiro de obras, achegáronse ata Morgade para comprobar de primeira man o traballo dos operarios.
O acondicionamento de pistas está tendo lugar en Morgade e na estrada que une Moreiras con Seoane de Oleiros. O edil de obras Moncho Gómez afirma que “levamos anos mellorando as conexións viarias nas diferentes parroquias do Concello, e non pararemos ata chegar a todas”.
Dende o Concello de Xinzo de Limia faise unha aposta decidida pola mellora de estradas e pistas, cun plan cuxo obxectivo é acometer o maior número de actuacións útiles, non só en Xinzo senón tamén nos 33 núcleos rurais. As obras en Morgade, Moreiras e Seoane de Oleiros consistiron nun bacheo inicial con posterior aplicación dun triplo rego, así como na limpieza de cunetas en ambas marxes dos tramos reparados.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


