Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

O BNG de Xinzo de Limia visita as aldeas para escoitar á veciñanza

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
1 xul. 2025
Ver a noticia orixinal

O equipo do BNG, liderado polo voceiro Camilo Vila, retomará as visitas ás aldeas de Xinzo de Limia co obxectivo de apoiar á veciñanza na defensa dos seus dereitos e contra a perda de servizos no rural.

Segundo Camilo Vila, estas visitas son unha oportunidade para “facer repaso” do traballo do BNG na oposición, onde presentaron 14 mocións (a metade aprobadas por unanimidade) e máis de 100 preguntas plenarias.

O vicevoceiro municipal, Manuel Pozo, considera estes encontros como unha forma de “estar coa xente, de escoitala” e coñecer as necesidades dos veciños e veciñas.

As primeiras paradas serán en Moreiras e Laroá o 6 de agosto ás 11h e 13h respectivamente. As visitas continuarán o resto do ano.

Mirian Opazo, responsable da organización en Xinzo, destaca o compromiso do BNG de “manter a presencia nos pobos máis alá dos periodos electorais”.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser