Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

“Vive a Reserva”

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Rairiz de Veiga
Publicada
27 set. 2023
Ver a noticia orixinal

Para participar en calquera das actividades é necesario anotarse previamente no 664 52 44 86

ounoto-no-apiario

Este sábado, 30 de setembro, continúa o programa “Vive a reserva”, incluído dentro do proxecto europeo Equal Rural, e que está organizado polo equipo técnico da Reserva da Biosfera Área de Allariz e do GDR Limia Arnoia. Entre as 10:00 e as 14:00 horas realizaremos no forno tradicional de Faragullas O Mosqueiro, en Vilar de Santos, un obradoiro para crianzas no que aprenderán sobre o proceso do pan da man da panadeira Carmen Quintas.
Esta é unha actividade gratuíta na que é necesario anotarse previamente no 664 52 44 86. E xa pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar no Salón Social de Rairiz de Veiga un faldoiro sobre a apicultura e que leva por título “Outono no apiario”. Durante o mesmo intervirán Estefanía Vázquez, veterinaria; M. Paz Hernéndez, apicultora; e Merche Alonso, apicultora; que nos falarán da apicultura a nivel histórico, os coidados de outono e o día a día dunha apicultora profesional. Esta sesión é gratuíta e está dirixida a todo o público interesado.
Este programa, no que se inclúen varias actividades, ten como protagonistas a unha vintena de mulleres da zona relacionadas co medio rural e a súa dinamización. A través das súas experiencias intentaremos darlle solución aos principais problemas cos que nos atopamos hoxe en día, como son a crise demográfica, a falta de relevo xeracional, a inseguridade alimentaria, a crise enerxética ou a adaptación e mitigación ao cambio climático

Saber máis · Descubre A Limia Rairiz de Veiga 1.154 habitantes · 8 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser