Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

18 labregas portuguesas visitan a Reserva da Biosfera Área de Allariz

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
16 out. 2023
Ver a noticia orixinal

18 produtoras de mazá, viño, aceite e horta da zona de Tarouca (Portugal) están hoxe de visita en distintos puntos da Reserva da Biosfera de Allariz para coñocer algún dos proxectos que se están a desenvolver na zona.

Visita-area-allariz

Comezaron a xornada coa visita a Carabuñas; unha explotación situada en Vilar de Santos e que se adica ao cultivo do sabugueiro e a elaboración de produtos coa baga e as flores deste arbusto. Logo visitaron a granxa de Ecoleia, en Allariz, onde da man dos seus xestores coñeceron todo o proceso de produción do leite ecolóxico. A mañá rematou coa visita ao O Rexo, un ecoespazo no que se elaboran queixos a base de leite crú.
Xa pola tarde darán un paseo polos diferentes xardíns de Allariz que participan no Festival Internacional de Xardíns.
Este encontro, organizado polo GDR Limia-Arnoia e pola Reserva da Biosfera Área de Allariz, forma parte do proxecto europeo Equal Rural no que se analiza a través de diferentes actividades o papel da muller no sector agrícola

Visita-area-allariz

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser