Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Visita ao Obradoiro de Emprego Couto Mixto III en Baltar

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Baltar
Publicada
21 feb. 2025
Ver a noticia orixinal

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, visitou esta mañá o concello de Baltar para supervisar o Obradoiro de Emprego Couto Mixto III. Acompañárono o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo; o alcalde dos Blancos, José Manuel Castro; e o alcalde de Calvos de Randín, Aquilino Valencia.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste preto de 412.000 euros neste obradoiro, que forma a 20 alumnos-traballadores en dous módulos: Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (10 alumnos) e Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría (10 alumnos).

Pardo destacou que unha das prioridades do Goberno galego é impulsar a formación para que as persoas desempregadas e traballadoras teñan maiores e mellores capacidades para acceder a un emprego estable e de calidade. Esta prioridade, segundo o delegado, reflíctese nos novos Orzamentos 25.

O delegado territorial sinalou a tripla dimensión dos obradoiros duais de emprego: mellora da empregabilidade dos participantes mediante formación teórica e práctica; desenvolvemento de actuacións de mellora en espazos públicos e prestación de servizos de interese xeral e social; e colaboración cos concellos para incrementar o emprego.

Pardo subliñou a importancia destas medidas, xa que, ademais de formar persoas con dificultades de inserción laboral nun traballo público remunerado, permiten obter un certificado de profesionalidade e adquirir ferramentas para reforzar as habilidades e competencias necesarias para o mercado laboral.

Actuacións do Obradoiro de Emprego ‘Couto Mixto III’

Concello de Baltar:

  • Rehabilitación de fornos en Baltar, Aldea e Barrio en Boullosa.
  • Restauración do lavadoiro de Meaus e dos fornos de Montecelo, Bouzo, Sabucedo e Tixós.
  • Limpeza, debruce e plantación de árbores e arbustos no centro médico de Baltar.

Concello dos Blancos:

  • Arranxo das áreas recreativas de Anguís, Nocedo e Covelas.
  • Acondicionamento da escola en Fontarcada e do edificio multiusos Os Blancos.

Concello de Calvos de Randín:

  • Restauración de muros en Castelaus, Feas e Serois.
  • Debruce e plantación de céspede no parque infantil e no exterior do velorio de Randín.
  • Traballos de xardinaría no parque da Peneda, na casa Cortés e no concello.
Saber máis · Descubre A Limia Baltar 849 habitantes · 7 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser