Xoves, 12 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

O CDR deseña un Magosto-escola

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
12 nov.
Ver a noticia orixinal

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza unha actividade de inmersión cultural para persoas migrantes coas que vén traballando na súa Área de Inclusión.Arredor de vinte persoas de orixe latinoamericano métense de cheo nunha das tradicións máis arraigadas no sur de Galicia. A acción pretende precisamente achegar á realidade local ás persoas que levan menos tempo aquí.Organízanse grupos de traballo para levar adiante unha actividade que encherá Lodoselo de máis cores que as habituais. Quentar o forno, amasar, apañar e asar as castañas , cocer o pan e limpar. Son os seis traballos fundamentais dunha festa que se celebrará arredor do forno comunitario do pobo, cun paso polas Casas da Memoria e o Albergue O Campiño.Na actividade presentaranse tamén os resultados da investigación sociolóxica das consecuencias do racismo estrutural das mulleres racializadas no medio rural no que participou o CDR O Viso ó longo deste ano nun traballo en paralelo con outras cinco áreas do estado. Este estudo deixa datos importantes que marcan as liñas de traballo que seguirá a entidade social limiá xa que a discriminación na vida cotiá (na escola, nos servizos, na rúa…) continúa sendo real.Esta actividade é posible grazas ó financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser