
A Limia News
Baltar celebra un Magosto solidario contra a fame infantil
- Fonte
- A Limia News
- Concello
- Baltar
- Publicada
- 8 nov.
Os veciños de Baltar reuníronse onte para celebrar o tradicional Magosto municipal, que estivo amenizado pola música do grupo As Xeitosiñas.
A cita tivo un fin solidario, xa que cada asistente achegou unha doazón de 3 euros. A recadación irá destinada integramente á campaña de loita contra a fame infantil no mundo.
Saber máis · Descubre A Limia
Baltar
849 habitantes · 7 parroquias
Coñecer o concello →

