← Volver Dende A Limia

Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para potenciar este deporte na provincia

Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para potenciar este deporte na provincia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un total de doce clubs de baloncesto da Delegación de Ourense constituíron este xoves, 2 de xullo, a nova Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base (AOCBB) co obxectivo de defender os seus intereses e fomentar a práctica desta disciplina.

A entidade formalizouse tras unha xuntanza celebrada na Sala de Xuntas das Federacións, situada no barrio do Couto. Tras dúas horas de debate sobre os estatutos e as finalidades da asociación, os clubs fundadores asinaron a acta que pon en marcha esta nova organización, que xa ten programada a súa primeira reunión oficial co presidente da Federación Galega, Julio Bernárdez, para este vindeiro martes 7 de xullo.

Os doce clubs fundadores que integran a AOCBB son:

Desde a asociación sinalan que o resto de clubs da delegación están invitados a sumarse ao proxecto no momento que o desexen. En canto ao seu funcionamento interno, a AOCBB rexerase pola súa Asemblea Xeral baixo o principio de «un club, un voto». A Xunta Directiva, que actuará como órgano de representación institucional, renovarase anualmente cada mes de xullo.

Os fins principais da nova entidade son:

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia activa unha campaña de recollida de axuda para os damnificados polo terremoto en Venezuela
Dende A Limia Xinzo de Limia activa unha campaña de recollida de axuda para os damnificados polo terremoto en Venezuela
O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación de Inmigrantes Caminando Juntos puxeron en marcha unha campaña solidaria urxente para enviar medicamentos e material de primeira necesidade á poboación afectada polo recente terremoto en Venezuela, en colaboración coa Federación de Venezolanos en Galicia (FEVEGA). As organizacións fan un chamamento á veciñanza para acadar recursos básicos, organizados nos seguintes bloques prioritarios: Medicamentos básicos: analxésicos (Paracetamol, Ibuprofeno), ant…
28 de junio de 2026 1 min lectura
Xinzo de Limia acolle o espectáculo infantil "Contacanta contos" este sábado
Dende A Limia Xinzo de Limia acolle o espectáculo infantil "Contacanta contos" este sábado
A Praza Maior de Xinzo de Limia converterase este sábado, 4 de xullo, no escenario do espectáculo familiar "Contacanta contos", unha cita que combina a narración oral coa música para o goce de nenos e nenas e das súas familias. A actuación, que comezará ás 20:00 horas, busca dinamizar a oferta cultural da vila a través dun formato dinámico e participativo, especialmente deseñado para o público infantil. Esta proposta intégrase dentro da programación de "Cultura no Camiño", unha iniciativa impu…
2 de julio de 2026 1 min lectura
A Cooperativa Antelana: o éxito da gandería láctea na Limia que aposta polo futuro
Dende A Limia A Cooperativa Antelana: o éxito da gandería láctea na Limia que aposta polo futuro
A Cooperativa Antelana, situada na comarca da Limia, consolídase como un referente no sector lácteo galego tras máis de catro décadas de historia, grazas a unha ambiciosa modernización e ao compromiso dos seus doce socios. Fundada oficialmente en 1983, a cooperativa iniciou unha nova etapa de independencia en 2021. Lonxe de estancarse, a entidade acometeu unha investimento de 1,7 millóns de euros para renovar as súas instalacións, coñecidas popularmente na zona como a "Granxa dos Doce". Este es…
5 de julio de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser