
A importancia de vivir nunha contorna que alimente a nosa identidade
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Sarreaus
- Publicada
- 29 maio
Preparación da horta en Lodoselo
En Lodoselo iniciáronse as tarefas de preparación da horta utilizando bancos de cultivo elevados. Este sistema permite crear un espazo accesible, facilitando a participación de todas as persoas de forma cómoda e segura.
A actividade ten como obxectivo fomentar o traballo en equipo e o contacto co medio natural, ao tempo que traballa aspectos fundamentais como a motricidade, a coordinación, a estimulación cognitiva e a autonomía dos participantes.
Esta labor está integrada no Proxecto para a recuperación, recolección e almacenaxe de sementes de variedades autóctonas da comarca da Limia, unha iniciativa financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Saber máis · Descubre A Limia
Sarreaus
1.068 habitantes · 9 parroquias
Coñecer o concello →


