
Dende A Limia
A alcaldesa de Lobios reuniuse co Delegado Territorial da Xunta en Ourense
- Fonte
- Dende A Limia
- Publicada
- 4 mar.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha xuntanza coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, para abordar as principais demandas do municipio cara á Administración autonómica. Durante o encontro, analizaron proxectos e necesidades que son competencia da Xunta de Galicia.


