← Volver Concello de Xinzo de Limia

O Concello aforrará o 30% da factura da luz no ano 2024

O Concello aforrará o 30% da factura da luz no ano 2024

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 08 de febreiro de 2024.  Hoxe presentáronse as contas xerais do Concello de Xinzo de Limia para o ano 2024, cuns ingresos por importe de 8.405.000€ e cun gasto de 8.211.000€ .
Durante a sesión plenaria de hoxe, aprobouse a recuperación do Local Social de Morgade, anteriormente xestionado pola Fundación San Rosendo e que agora pasa a formar parte da rede municipal. Dende a Concellería de Servicios Sociais son varias as ideas para darlle vida a este local e moi pronto serán concretadas. 
Outro dos puntos destacados foi a aprobación da terceira prórroga do contrato anual de suministro eléctrico, o que suporá neste 2024 un aforro para as arcas do Concello dun 30%. O Concello lembra que faltan por instalar unhas 500 desas 4650 luces LED que se espallaron por todo Xinzo. Este cambio de luminarias, ó igual que se fixo dentro do pavillón, favorecen o aforro enerxético que se traduce en máis cartos para outros gastos municipais.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Plenos xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia recibe a estudantes de Pedagogía da USC para analizar a xestión da diversidade
Diario do Limia Xinzo de Limia recibe a estudantes de Pedagogía da USC para analizar a xestión da diversidade
O Concello de Xinzo de Limia acolleu este mércores a máis de 50 alumnos e alumnas do Grado en Pedagogía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A visita, enmarcada na asignatura de Pedagogía Intercultural dirixida polo profesor Alexandre Sotelino, tivo como obxectivo que os futuros profesionais coñecesen as estratexias de mediación e convivencia implementadas na comarca de A Limia. A xornada foi coordinada pola Oficina de Educación, Inmigración e Desenvolvemento (OEID), baixo a direcci…
7 de mayo de 2026 2 min lectura