Mércores, 11 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
CDR O Viso

Participamos no acto de resolución da Convocatoria de Proxectos Sociais Galicia 2025 da Fundación ”la Caixa” na Coruña

3 min de lectura

Fonte
CDR O Viso
Publicada
21 nov. 2025
Ver a noticia orixinal

A Convocatoria de Proxectos Sociais da Fundación ”la Caixa” seleccionou en Galicia 60 proxectos de entidades sociais ós que destinará máis de 1,5 millóns de euros. Un deles o do CDR O Viso. Co obxectivo de seguir promovendo a inclusión social, a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida, así como de contribuír á construción dunha sociedade máis xusta, inclusiva, equitativa e solidaria.
A maioría dos proxectos sitúanse nalgunha destas 7 liñas de actuación: inserción sociolaboral; acceso a recursos residenciais temporais; convivencia intercultural; promoción de hábitos saudables e xestión emocional; prevención das violencias e as adiccións; cultura como ferramenta para a inclusión social e inclusión dixital.
O subdirector xeral da Fundación ”la Caixa”, Marc Simón, puxo acento no rigor, a proximidade e a contribución a unha sociedade máis xusta. Na confianza e a flexibilidade. A necesaria humanidade, acompañar ás persoas. Responsabilidade e perseveranza na actuación para conseguir cambios. Lembrounos que desde hai máis de 25 anos impulsan de maneira ininterrompida iniciativas de entidades sociais en todas as comunidades autónomas; iniciativas que xeran oportunidades, promoven a equidade e contribúen a reducir as brechas da desigualdade. Ademais, son un motor de cohesión social e territorial.
Os datos que nos achegaron falan de 60 proxectos seleccionados que permitirán atender a máis de 11.700 persoas en situación de vulnerabilidade; levaranse adiante da man de 240 profesionais e 406 persoas voluntarias. Do total de proxectos seleccionados, o 40 % está dirixido a actuar contra a pobreza e a fomentar a inclusión social; o 50 % diríxese a persoas con discapacidade, trastorno mental ou enfermidade, e o 10 %, a persoas maiores.
A escala territorial os proxectos están distribuídos entre 25 localidades de Galicia.
• Vigo (18 proxectos)
• A Coruña (8 proxectos)
• Santiago de Compostela (7 proxectos)
• Monforte de Lemos, Ourense (3 proxectos por localidade)
• Ferrol, Lugo, Pontevedra (2 proxectos por localidade)
• A Estrada, Ames, Cee, Cervo, Chantada, Curtis, Lobios, Moaña, Monterroso, Narón, Noia, O Porriño, Parada de Sil, Ponte Caldelas, Porto do Son, Redondela, Sarreaus (1 proxecto por localidade)
Tivemos un momento para saudar, conectar e estar coas outras entidades así como agradecer a Marc, Susan, Sandra… que sigan contando connosco. Aproveitamos para convidalos a vir ó noso territorio. Tamén ós representantes no acto da Xunta de Galicia, á directora xerente da FUNGA, Eloína Injerto, e ó Director Xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, que pechou o acto agradecendo á fundación a súa implicación co tecido asociativo galego e púxoos como exemplo e referente na atención social.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser