← Volver Antela FC

Viana - Antela (0-5): Un triunfo amargo para o Antela

Viana - Antela (0-5): Un triunfo amargo para o Antela

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Antela venceu ao Viana nun partido marcado pola lesión de Óliver e un hat-trick de Pedro. O encontro, que rematou 0-5, tivo un custe alto debido á posible lesión grave de Óliver. Pedro Castro destacou con tres goles nunha tarde solleira nas Carrelas.

Nunha disputa ao borde da área do Viana pouco antes da media hora de partido lesionouse Óliver, ao parecer nun xeonllo, unha mala pisada. A ambulancia chegou rápido para trasladalo ao Hospital de Verín, onde as primeiras probas parecían descartar unha lesión maior. Hoxe coñeceranse máis detalles. O paso do Antela por As Carrelas nunha tarde solleira foi un trámite (0-5) cun custe moi alto.

Naquela altura o partido estaba encamiñado tras o gol de Joni, que foi o máis listo para resolver un barullo dentro da área. O Viana púxolle ganas, e un esforzo notábel nos primeiros 45 minutos, que se estiraron até máis alá dunha hora pola lesión de Óliver.

Até o descanso, o Viana ameazou o que puido, incomodou ao Antela cun fútbol directo e levando perigo a balón parado. Bruno Gómez repetiu once, con Breixo no pivote en lugar de Caneiro. Breixo volveu dominar o medio do campo. E o Antela saíu fácil, mais o Viana cegou as bandas e parou a Jorginho.

Tralo descanso, o Viana apagouse rápido. Brais Outeiriño, substituto de Óliver, abriu a porta da defensa local pola dereita do ataque limiano. Nun saque de esquina chegou o segundo. Con Jorginho rematando de primeiras un balón solto. Jorginho viña de celebrar un ascenso co xuvenil o día anterior. Leva tres semanas goleando: cinco tantos co xuvenil, dous co primeiro equipo. Sabe buscar o seu sitio.

Despois lesionouse Isuardi, no seu último partido antes de regresar á Arxentina, e Bruno aproveitou para dar minutos a Caneiro. Entrou tamén Dinís e Joni pasou ao lateral dereito. A partir de aí, o Antela someteu definitivamente ao Viana. Discutiu máis co árbitro que co rival, con Brais e Dinís percutindo en cada ataque.

Pedro seguiu ao seu e firmou un hat-trick en vinte minutos. Un remate violento e raso desde a área grande, un balón elevado para salvar a saída do porteiro que definiu de media chilena e un penalti que lle cedeu Breixo para que completase un triplete, o seu primeiro triplete desde febreiro do 2022, hai tres anos contra o Santa Teresita na Moreira cando o Antela pelexaba por se meter na fase de ascenso que acabaría gañando.

Así se pechou unha fin de semana feliz, co ascenso do xuvenil, coa vitoria do filial que lle abre as portas á loita pola promoción, con Pedro Castro xa como máximo goleador do equipo (10) por diante dos outros capitáns (Breixo e Joni, 9 cada un), cunha xornada menos para alcanzar o obxectivo… mais coa dor de Óliver, que é a dor de todos no club. Forza Óliver.

Boán subliña que o equipo “quere ser campión canto antes”.

FICHA TÉCNICA

Viana, 0; Antela5.

Goles: 0-1, min. 18: Joni; 0-2, min. 50: Jorginho; 0-3, min. 71: Pedro; 0-1, min. 87: Pedro; 0-5, min. 90: Pedro (penalti).

Viana: Aarón, Diego, Iván, Marcos (Basteiro, 81’), Javier García, Pablo (Iago, 73’), Héctor, Enzo (Javier Pérez, 65’), Carlos (Fidalgo, 65’), Jesús (Antunes, 81’) e Xurxo.

Antela: Bruno, Isuardi (Raúl Dinís, 59’), Lois (Aarón, 76’), Boán, Tiago, Breixo, Xabi Lamas (Canerio, 59’), Pedro, Óliver (Brais Outeiriño, 25’), Jorginho (Xurxo, 76’) e Joni.

Árbitro: Zeus Gómez. Amonestou a Tiago Teixeira e Isuardi, polo Antela; e a Pablo, polo Viana.

Incidencias: Uns 200 espectadores nas Carrelas.

Próximo partido: ANTELA – LOÑOÁ, este xoves, día 17, na Moreira (partido aprazado en xaneiro, correspondente á 19ª xornada).

AS CRÓNICAS

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
ACTUALIDADE Antela FC crónicas fútbol Primeiro equipo
Tamén che pode interesar
O Antela supera ao Betanzos e avanza á pelexa pola Terceira REF
Antela FC O Antela supera ao Betanzos e avanza á pelexa pola Terceira REF
O Antela logrou a clasificación para a xogada pola praza na Terceira REF tras vencer 0-2 ao Betanzos no estadio García Hermanos. Con este resultado, o equipo de Bruno Gómez remata unha eliminatoria sobresaínte, marcando un total de cinco goles e sen encaixar ningún nos dous partidos. Os goles do encuentro foron obra de Pucho e Carlos González. A estratexia do adestrador foi decisiva para desactivar ao rival, destacando a introdución de Couto no centro do campo, o que proporcionou maior solidez …
7 de junio de 2026 1 min lectura
O Antela busca o ascenso en Betanzos tras a súa contundente victoria na ida
Antela FC O Antela busca o ascenso en Betanzos tras a súa contundente victoria na ida
O Antela viaxa este domingo ao estadio García Hermanos de Betanzos para disputar un partido decisivo polo ascenso. Tras impoñerse por 3-0 na ida no campo da Moreira, o equipo de Bruno Gómez busca manter a vantaxe nun choque que se espera moi difícil e de alta esixencia. Contexto e táctica A pesar da vantaxe de tres goles, o equipo limiano debe afrontar o partido con máxima concentración ante un Betanzos que será un rival duro de vencer. No plano táctico, é probable que o adestrador Bruno Gómez…
5 de junio de 2026 1 min lectura
O Antela logra unha clasificación histórica para os play-offs de ascenso a Terceira División
Antela FC O Antela logra unha clasificación histórica para os play-offs de ascenso a Terceira División
O club de fútbol Antela alcanzou un hito sen precedentes na súa historia ao asegurar a súa clasificación para os play-offs de ascenso á Terceira División. A escuadra dirixida por Bruno Gómez garantiuse este feito tras empatar sen goles (0-0) como visitante no campo do Portonovo, resultado que permitiu amarrar a súa posición na quinta praza da liga. Esta clasificación supón romper todos os teitos previstos para a entidade, que chegará á primeira eliminatoria cunha gran ilusión entre os xogadores…
17 de mayo de 2026 1 min lectura