← Volver Antela FC

Que di a clasificación?

Que di a clasificación?

Fotografía de arquivo. A Limia News.

COMPARATIVA COS LÍDERES
O Antela é o único invicto cumprido o primeiro terzo de competición. Suma 29 puntos.Os líderes en tempadas anteriores (Cartelle, na 23/24; e o Carballiño, na 23/24) xa perderan un partido… pero sumaban case os mesmos puntos, 28.
Nin o Cartelle (rematou 5º) nin o Sporting Carballiño (8º) ascenderon.

A Liga 2024/25 despois de once xornadas.

Goles
O Antela xa anotou 25 goles, un menos que os que levaba o Cartelle despois de once partidos, e os mesmos que anotara o Sp. Carballiño un ano antes.
A diferencia é que o Antela apenas recibiu 5 tantos, mentres que o Cartelle e o Carballiño tiñan encaixado 14.
Por certo, na Liga actual o Celanova ten, de momento, mellores números (26/5).
COMPARATIVA COS CAMPIÓNS
A distancia do Antela co segundo (4 puntos) e a mesma que tiña o Cartelle a campaña anterior. O Carballiño tiña 2 puntos sobre o segundo.
• Na 23/24, o campión, o Verín, marchaba 5º a estas alturas a 7 puntos do líder.
• Na 22/23, o campión, o Allariz, ía 2º, a 2 puntos do líder.

• O Verín amarrou o campionato con tres xornadas para o final, tras sumar 21 vitorias.
• O Allariz conquistou o título a catro xornadas para o final, tras sumar 23 triunfos.
O Antela leva 9 vitorias, o Verín levaba 3 menos a estas alturas e o Allariz, 1 menos.
Rachas
O Antela xa asinou unha racha de 7 vitorias consecutivas, entre as xornadas segunda e oitava.
O Verín sumou unha racha idéntica, mais aconteceu entre as xornadas 21ª e 27ª. O Allariz, na campaña 22/23, sumou oito vitorias consecutivas entre a sétima xornada e a decimo cuarta; e outra de seis triunfos entre a xornada 19ª e a 24ª.
O inicio do Antela parécese máis ao do Allariz, en canto a regularidade, que ao do Verín o ano pasado, que na xornada 11ª xa cedera dous empates e tres derrotas (mais non volveu perder un partido nos dous últimos terzos da Liga).
Liderados
O Antela leva 4 puntos ao segundo (Celanova), 7 ao terceiro (Muíños), 10 ao cuarto (Carballiño), e 12 ao quinto e ao sexto (Velle e Monterrei). Os de Bruno Gómez alcanzaron o liderado na xornada 7ª, no mes de outubro.
O Verín, xa se apuntou, estaba a estas alturas a 7 puntos do liderado, e remontou sumando o 81% dos puntos en disputa nos vinte partidos seguinte até amarrar o ascenso. Ao final da primeira volta aínda marchaba quinto a 5 puntos do líder. Cazou ao Cartelle na xornada 21ª e colocouse líder. Dez xornadas despois, a tres do remate da Liga, saíu campión a finais de abril.
O Allariz conseguiu o ascenso colocándose líder na xornada 16, penúltima da primeira volta, en decembro. Xa non o perdeu máis o liderado até se proclamar campión no mes de abril con catro xornadas aínda por diante.

COMPARATIVA DE OITO TEMPADAS
Na campaña 19/20 a Liga de Primeira suspendeuse na xornada 25ª. A seguinte tempada non houbo Liga. E na 21/22 a competición disputouse en dúas fases de grupos (ascenso do Antela).
A cousa normalizouse a partir da campaña 22/23 (campionato e ascenso do Allariz; tamén ascendeu o Velle, na promoción) e na 23/24 (campionato e ascenso do Verín; o Cented ascendeu na promoción).
Tomando como referencia as Ligas dende a 13/14 (inicio do rexistro na web da FGF) até a 18/19, ambas incluídas, máis as dúas últimas, o que di a clasificación actual é o seguinte:
• O líder na xornada 11 saíu campión no 50% dos casos. Aconteceu na campaña 13/14 co Nogueira, na 16/17 co Bande, na 17/18 co Velle, e na 18/19 co Arnoia.

• O mellor líder na xornada 11 foi o Nogueira 13/14, que levaba 10 vitorias e 1 empate (31 puntos). Tamén alcanzou os 30 puntos (1 derrota) o Bande da tempada 16/17. Os 29 puntos do Antela hoxe son o terceiro mellor rexistro da serie.

• O Nogueira da 13/14 gañou os primeiros cinco partidos, empatou na Moreira na sexta xornada, gañou os cinco seguintes… e perdeu en Taboadela na xornada 12ª.

• O Bande da 16/17 gañou os seis primeiros partidos, perdeu na Peroxa o sétimo, e despois sumou cinco triunfos consecutivos antes de se freado na casa pola UDO, que empatou en Bande na xornada 13ª e nesa altura compartía o liderado.

• Entre os campións, só o Nogueira da 13/14 se mantivo invicto 11 partidos. O Antela ten a ocasión de superar esa racha o domingo en Vilamartín.
Naquel Nogueira da 13/14 despuntaba un mediocampista: Bruno Gómez.
Bruno sabe que, malia os números, aquel ascenso non foi sinxelo. Despois da derrota en Taboadela, o Nogueira volveu caer no seguinte partido e cedeu o liderado. O Arenteiro, que se colocou líder na xornada 15ª, non soltou o liderado até abril. O Nogueira, que pasou febreiro e marzo a 7 puntos da cabeza, empatou en Espiñedo na xornada 30ª; e recuperou a primeira praza á semana seguinte, co Verín pegado a só dous puntos. Na distancia mantívose até a penúltima data. O Verín visitaba ao Nogueira, que tomou a dianteira e tiña amarrado o título e o ascenso, mais o Verín empatou de penalti no minuto 90 (Luisito). Á última xornada chegaron o Nogueira, o Verín e o Arenteiro con opcións de ascenso. Ascenderon os dous primeiros e o Arenteiro aproveitaría despois unha vacante en Preferente para promocionar.

Conversa de adestradores: Bruno Gómez con Antonio Cerdeiro, antes do Antela-Nogueira en setembro.

[embedded content]
Bruno, tras o 0-1 en Cartelle.

[embedded content]
Os 6 ao Maceda.

[embedded content]
Instrucións para tirar co muro.

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
Antela FC fútbol novas Primeiro equipo Resultados
Tamén che pode interesar
O Antela cae ante o Boiro e pon fin á súa serie de imbatibilidade
Antela FC O Antela cae ante o Boiro e pon fin á súa serie de imbatibilidade
O Antela perdeu na Moreira contra o Boiro no seu último partido da Copa Federación. Este resultado remata coa xeira de éxitos que levaba o equipo local nos últimos dous anos antes de debutar en Terceira División. O encontro, marcado polo cansazo da pretempada, serviu para que o adestrador Bruno Gómez probe xogadores e axuste o equipo. A pesar da derrota, o club xa mira cara ao inicio da Liga, que supón o seu maior reto deportivo. Datos clave para o inicio da tempada: Próximo partido: Viveiro …
17 de agosto de 2026 1 min lectura
O Antela remonta no último suspiro contra o Gran Peña na Copa Federación
Antela FC O Antela remonta no último suspiro contra o Gran Peña na Copa Federación
O Antela estreouse con éxito na Copa Federación cunha emocionante vitoria por 2-1 ante o Gran Peña na Moreira, nun partido decidido no tempo de desconto. O conxunto limiano, que esta tempada debuta na Terceira Federación, amosou un bo nivel de xogo a pesar do contratempo inicial da lesión de Xabi Lamas aos dous minutos de xogo. Tras encaixar un gol de córner no comezo da segunda metade, os locais mantiveron a fe ata o final. Estes foron os momentos clave do encontro: Minuto 90: Carlos empatou…
3 de agosto de 2026 1 min lectura
O Antela gaña ao Ourense C.F. nun amigable de pretempada
Antela FC O Antela gaña ao Ourense C.F. nun amigable de pretempada
O Antela FC venceu onte ao Ourense C.F. nun disputado encontro na Moreira, demostrando un gran nivel a menos dun mes para o inicio da liga en Terceira Federación. O partido decidiuse nos instantes finais grazas a un gol de Pucho, quen aproveitou unha incursión pola banda dereita para anotar cun disparo coa esquerda. A pesar da superioridade técnica dos visitantes, que militan nunha categoría superior (Segunda RFEF), o cadro limiano mantivo o tipo grazas ao traballo colectivo e a unha sólida def…
9 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser