← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo contará cunha residencia de maiores con 80 novas prazas e 35 postos de traballo

Xinzo contará cunha residencia de maiores con 80 novas prazas e 35 postos de traballo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 03 de outubro de 2024. O pleno ordinario do Concello de Xinzo de Limia celebrado hoxe aprobou a bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) para a rehabilitación dun edificio destinado a unha nova residencia de maiores na rúa da Roda. Este proxecto suporá a creación de 80 prazas para persoas usuarias e 35 novos postos de traballo.
O alcalde, Amador Díaz, destacou a importancia desta iniciativa non só por atender unha demanda social crecente, senón tamén polo impacto que terá na creación de emprego na vila. “Facilitar a instalación de empresas que, ademais de crear postos de traballo, presten servizos fundamentais é unha das nosas prioridades”, sinalou. O proxecto foi aprobado cos votos a favor do grupo de goberno e do PSdeG, mentres que o BNG votou en contra.
Ademais, no marco do convenio asinado co Concello, reservaranse 4 prazas na residencia para o uso municipal, durante un período inicial de 24 meses, cunha prórroga posible ata 4 anos. Estas prazas serán xestionadas polos Servizos Sociais do Concello, garantindo que persoas en situación vulnerable poidan beneficiarse delas.
A pesar da creación desta residencia privada, o Concello mantén o seu compromiso de traballar nun proxecto a longo prazo para unha residencia pública, compatible coa oferta privada que se instalará na vila.
Outro dos puntos de relevancia abordados no pleno foi a ratificación do convenio de cooperación entre Xinzo de Limia e a Cámara de Montalegre, no marco do proxecto de creación da Eurocidade Xinzo de Limia Montalegre. A Eurocidade non só busca reforzar os lazos culturais e sociais entre Xinzo de Limia e a cidade portuguesa de Chaves, senón tamén impulsar unha economía mutua e potenciar a colaboración en sectores produtivos, culturais e sociais. Este convenio, que foi definido como “a primeira pedra” dunha cooperación máis ampla, pretende beneficiar directamente á poboación das localidades transfronteirizas e, nun futuro, integrar outros concellos da comarca.
O pleno tamén aprobou a Conta Xeral de 2023 por unanimidade, o que reflicte unha xestión económica equilibrada. Ademais, acordouse a inclusión dun suplemento de crédito para as contas de 2024, incorporando o remanente de tesourería do ano anterior e a devolución de tributos do Estado do ano 2022. Estes fondos destinaranse ao pago de facturas, novas obras e infraestruturas, así como aos gastos de enerxía eléctrica, actividades culturais e deportivas.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Plenos xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
Sandiás e Vilar de Santos homenaxean a Otero Pedrayo con dúas xornadas na Limia
Concello de Sandiás Sandiás e Vilar de Santos homenaxean a Otero Pedrayo con dúas xornadas na Limia
O Museo da Limia e o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela organizan dous actos os días 5 e 12 de setembro para lembrar a figura e a obra de Ramón Otero Pedrayo na comarca. As xornadas centraránse na relación do escritor ourensán coa Limia desde o punto de vista literario, xeográfico e etnográfico: Sábado, 5 de setembro (11:30 h): Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos). Intervirán Paco López-Barxas, Patricia Arias Chachero e Xosé Carlos Sierra Rodríguez sobre a faceta literaria e c…
31 de agosto de 2026 1 min lectura
Sandiás inaugura unha exposición con case 50 pezas de costura e artesanía
Concello de Sandiás Sandiás inaugura unha exposición con case 50 pezas de costura e artesanía
A Casa da Cultura de Sandiás acolle a terceira mostra de costura, na que preto de 20 veciñas e veciños amosan o traballo realizado no obradoiro municipal coordinado por Geni Losada. A exposición recolle o traballo de creación colectiva feito polo alumnado nos últimos meses. As pezas expostas inclúen tanto confección con tecidos novos como traballos de reciclaxe téxtil e bordados: 19 pezas de roupa de confección propia. 30 obxectos transformados (saias, bolsos, mandís e fundas) a partir de vaq…
24 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser