Domingo, 22 de novembro Xinzo 7° Garda: PRIETO VIVANCO-CONDE C.B
La Región

O Día da Xuventude encheu Xinzo de actividades

2 min de lectura

Fonte
La Región
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
8 set. 2024
Ver a noticia orixinal

A mocidade que ata alí se achegou puido desfrutar de varias actividades pensadas para idades comprendidas entre os 12 e 35 anos. Os menores de 12 años que asistiron acompañados divertíronse nun espazo de construción pensado para a eles.
Esta festa vespertina é unha proposta da Xunta a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración co Concello de Xinzo, e que conta ademais co financiamento do Ministerio de Igualdade dentro do marco do Plan Corresponsables.

Os veciños achegáronse cos rapaces a probar os postos.

Os distintos xogos de entretemento, todos de balde, incluíron un xogo de escape e realidade virtual no taller de concienciación ambiental, tiro con arco en lecer educativo, un obradoiro de arte colaborativo a través do graffiti ou unha demostración culinaria no denominado espazo de gastronomía saudable.

O obxectivo da tarde foi a de ofrecer alternativas de ocio saudables e tamén educativas  por toda Galicia, xa que o Día da Xuventude estase a celebrar en máis de 30 concellos gallegos.
Ricardo Sieiro, concelleiro de Participación Cidadá, Mocidade e Festas de Xinzo, destaca que o Concello limiao busca con este tipo de eventos “fomentar outro tipo de ocio, máis saudable, con outro tipo de actividades que, aparte de que sexan lúdicas, tamén sexan formativas e interesantes para toda a mocidade”. O desexo do concelleiro sería que este Día da Xuventude “se repetise ao longo do ano, xa que me parece moi interesante”.

Por último, o fin de festa contou cunha actuación musical a cargo do DJ Pablo Seguín, e que fixo as delicias e puxo a bailar aos alí presentes.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser