← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo nomeará Fillo Adoptivo a Don Gonzalo Iglesias Sueiro

Xinzo nomeará Fillo Adoptivo a Don Gonzalo Iglesias Sueiro

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 19 de abril de 2024. Durante a sesión plenaria celebrada este venres abordáronse diversos temas de relevancia para a comunidade local. 
O punto máis destacado, que foi aprobado por unanimidade, é o nomeamento como Fillo Adoptivo a Don Gonzalo Iglesias Sueiro. A súa incalculable traxectoria como pedagogo, a súa contribución no eido da cultura e a súa capacidade política e de servizo público, remarcan a figura do homenaxeado e representan unha honra para toda a veciñanza. Esta proposta xorde dunha iniciativa popular encabezada polo querido Alfonso Lois, anterior técnico de Cultura do Concello.
Tras unha moción da oposición todo o pleno votou de xeito unánime a favor de solicitarlle á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que siga investindo nunha nova fase do Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, afondando nas infraestruturas hidráulicas e canalizacións das que dispón. O presidente da CHMS amosou o seu interese neste novo proxecto no mes de marzo, cando realizou unha visita ás últimas obras de acondicionamento deste importante recurso patrimonial para toda a comarca.
Tamén se ratificou o convenio de colaboración para o Obradoiro de Emprego do Peregrino entre os Concellos de Xinzo de Limia e Sandiás. Este programa, que se desenvolverá por terceira vez, incluirá diversas actuacións de embelecemento e pon en valor unha vez máis a colaboración intramunicipal como cabeceira de comarca.
Aprobouse o convenio que permitirá comezar na maior brevidade as obras da Pista da Armada cun custo de cero euros para as arcas do Concello, e procedeuse á aprobación inicial da modificación das taxas polo uso das infraestruturas deportivas, o que suporá un lixeiro aumento nos prezos para equiparalo ó doutros Concellos semellantes.
Por último, destacouse favorablemente a visita do Alcalde Amador Díaz á provincia ecuatoriana de Tungurahua, en favor da internacionalización de Xinzo de Limia e da cooperación social con distintas rexións de todo o mundo.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Plenos xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia presenta unha programación estelar para as festas de Santa Mariña 2026
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia presenta unha programación estelar para as festas de Santa Mariña 2026
O Concello de Xinzo de Limia xa ten lista a programación oficial para as festas de Santa Mariña, que terán lugar do 16 ao 20 de xullo de 2026, ofrecendo cinco días de música, tradición e lecer para toda a familia. A vila converterase no epicentro festivo da comarca cun cartel que busca atraer a veciños e visitantes, consolidando este evento como unha das citas clave do verán na provincia de Ourense. Programa día a día: Xoves 16: Arrancan as festas na explanada do Toural coa orquestra Origen e…
29 de junio de 2026 2 min lectura
A Agrupación Musical da Limia viaxa aos Países Baixos para competir no Mundial de Música
Diario do Limia A Agrupación Musical da Limia viaxa aos Países Baixos para competir no Mundial de Música
A Agrupación Musical da Limia participará o vindeiro 25 de xullo no prestixioso World Music Contest (WMC) de Kerkrade, nos Países Baixos, tras superar un rigoroso proceso de selección. Este certame, coñecido como o Mundial da Música de Vento e Percusión, celébrase cada catro anos e reúne a máis de 300 bandas de todo o planeta. A participación da formación limiana no evento está financiada polas seguintes administracións: Xunta de Galicia Deputación de Ourense Concello de Xinzo de Limia Os …
22 de julio de 2026 1 min lectura
Visitas guiada ao Centro de Interpretación da lago de Antela e ao humidal Areeiras de Sandiás
Concello de Sandiás Visitas guiada ao Centro de Interpretación da lago de Antela e ao humidal Areeiras de Sandiás
Xa chegou o mes de Xullo e temos novo horario do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela nos meses de Xullo, Agosto e Setembro de  2026. Acompañan nas visitas Alex de los Ríos e Pepe Gándara. Opción 1 : individuais ou máximo de 20 persoas: Visita guiada a Exposición Permanente do Centro de Interpretación […] La entrada Visitas guiada ao Centro de Interpretación da lago de Antela e ao humidal Areeiras de Sandiás se publicó primero en Concello de Sandiás.
3 de julio de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser