← Volver La Voz de Galicia

Violencia e bioloxía

Violencia e bioloxía

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Pablo Requejo | EUROPAPRESS

28 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A morte por violencia adoita frecuentar as noites da fin de semana, e máis nas zonas urbanas, onde hai moitísimos factores en xogo que axudan a que se produzan estes feitos. Esta última apañoulle a vida a un home de 32 anos que andaba de despedida de solteiro en Burgos, sendo de Valladolid. Subliño a procedencia porque esta circunstancia seica lle abondou ao agresor para lle tirar a vida dun puñazo letal. Escoitando falar sobre isto, alguén daba razóns biolóxicas e case exclusivas na violencia das persoas, aludindo a estudos que apuntan a que os niveis altos de testosterona poden estar asociados a este tipo de comportamentos agresivos nos homes. Con todo, négome a pensar que a bioloxía determine en gran parte isto, sen lle dar a mesma, ou maior importancia a outro tipo de factores. Por outra banda, non creo que hoxe haxa moita máis violencia ca no pasado. Eu lembro o Xinzo dos anos oitenta con media ducia de vilegos, sempre os mesmos, andando aos paus con outros dalgunha aldea só por consideralos intrusos no seu territorio. E, indo máis atrás, mesmo ao meu pai houberon de o matar uns desgraciados que de noite lle puxeron un cable á altura do pescozo cando ía na moto, e só porque era de Xinzo, e non da aldea da miña nai, coa que andaba a mocear. Por sorte para el, e tamén para min, esa noite había lúa chea e o meu pai viu o escintileo do cable e tivo tempo de agachar a cabeza para o contar. Eran outras épocas, si, onde se glorificaba a virilidade con este tipo de patróns agresivos que se copiaban do pasado como forma expedita de resolver conflitos. Mais descansar na bioloxía todo o peso da violencia sería tan inxusto como tirarlle á educación toda a súa importancia para nos facer máis humanos, razoables e pacíficos.

Archivado en: Valladolid Burgos Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Burgos La Voz de Galicia Opinión prensa Valladolid Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Produción de 12.000 quilos de arándanos en Taboadela
La Voz de Galicia Produción de 12.000 quilos de arándanos en Taboadela
Unha plantación de Arándanos Soutomaior, situada no concello de Taboadela (Ourense), xa produce uns 12.000 quilos de froita ao ano. O negocio foi posto en marcha hai sete anos por Ángel Martínez Borrajo e un socio. Aínda que o primeiro intento de cultivo non funcionou, o proxecto logrou estabilizar a produción desta baya.
4 de octubre de 2026 1 min lectura
A Praza de Abastos de Xinzo abrirá en novembro tras completar a súa reforma
La Voz de Galicia A Praza de Abastos de Xinzo abrirá en novembro tras completar a súa reforma
As obras de mellora da Praza de Abastos de Xinzo de Limia entran na súa fase final grazas a un novo acordo entre a Xunta, a Deputación de Ourense e o Concello. O obxectivo é reabrir este espazo comercial o próximo mes de novembro. O investimento final na rehabilitación ascenderá a 807.300 euros. Esta última achega de 157.300 euros servirá para rematar os traballos pendentes, que se centran principalmente en: Instalar o sistema de climatización do edificio. Colocar o mobiliario interior. A re…
6 de octubre de 2026 1 min lectura
A Asociación A Pantalla de Xinzo celebra os seus 30 anos cunha festa aberta
La Voz de Galicia A Asociación A Pantalla de Xinzo celebra os seus 30 anos cunha festa aberta
A Asociación Cultural A Pantalla conmemora este sábado, 24 de outubro, as súas tres décadas de vida en Xinzo de Limia cun acto institucional e un concerto gratuíto. O colectivo, fundado en 1996 para protexer a identidade do Entroido limiano, organizou unha xornada especial para celebrar a súa traxectoria: 20.30 horas: Acto no Museo Galego do Entroido. Repasarase a historia da entidade, nomearanse socios honoríficos a varias directivas e colaboradores históricos, e recibirase a doazón dunha más…
17 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser