Pouca feira e moita papeleta
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 14 feb. 2024
Hoxe 14, feira en Xinzo, despois do martes de Entroido era de esperar que a feira foxe flora e pouco animada, se non fora polo colorido das bolsas, papeletas e carteis de candidatos nas eleccións do vindeiro domingo.O partido Popular achegou a Xinzo a Vicepresidenta da Xunta e conselleira de Medio Ambiente Ángeles V´zquez, a cal despois de visitar a carpa instalada polo partido na feira, comezou o reparto de agasallos e papeletas acompañados por concelleiros de Xinzo entre as que se atopaba a nº 13 da candidatura Cristina Campero.Tamén ata Xinzo chegaron candidatos do PSOE na alista pola provincia de Ourense aos que acompañaron membros da candidatura de Elvira Lama no reparto de bolsas e como non papeletas.O BNG, despois da visita de onte da candidata a presidenta, hoxe decidiron simplemente colocar unha carpa informativa camiño do recinto feiral, atendida por persoas do partido.Un dos momentos máis fotografados foi o saudo moi afectuoso entre Ángeles Vázquez e o candidato do PSdG, Ignacio Gómez
Hoxe 14, feira en Xinzo, despois do martes de Entroido era de esperar que a feira foxe flora e pouco animada, se non fora polo colorido das bolsas, papeletas e carteis de candidatos nas eleccións do vindeiro domingo.
O partido Popular achegou a Xinzo a Vicepresidenta da Xunta e conselleira de Medio Ambiente Ángeles V´zquez, a cal despois de visitar a carpa instalada polo partido na feira, comezou o reparto de agasallos e papeletas acompañados por concelleiros de Xinzo entre as que se atopaba a nº 13 da candidatura Cristina Campero.
Tamén ata Xinzo chegaron candidatos do PSOE na alista pola provincia de Ourense aos que acompañaron membros da candidatura de Elvira Lama no reparto de bolsas e como non papeletas.
O BNG, despois da visita de onte da candidata a presidenta, hoxe decidiron simplemente colocar unha carpa informativa camiño do recinto feiral, atendida por persoas do partido.
Un dos momentos máis fotografados foi o saudo moi afectuoso entre Ángeles Vázquez e o candidato do PSdG, Ignacio Gómez
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


