Martes, 10 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

“Apelo a concentrar na papeleta do BNG o voto da xente que quere un rural vivo e próspero”( Noa Presas en Xinzo)

3 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
20 xul. 2023
Ver a noticia orixinal

A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, participa nun acto coa veciñanza de Xinzo de Limia acompañada pola tamén candidata, Alba Feixóo, e os concelleiros municipais Camilo Vila e Manuel Pozo. Presas sinala a necesidade de que Ourense conte, por primeira vez na historia, con representación nacionalista no Congreso para defender os intereses da comarca da Limia xusto nun momento en que se negociará o reparto dos fondos da PAC e comprométese a traballar para rematar coa discriminación do sector primario das comarcas de Ourense. En materia de infraestruturas fai fincapé na urxencia de levar a cabo a circunvalación para desviar o tráfico pesado do centro e revitalizalo, así como o arranxo e mellora da A-52.

Noa Presas en Xinzo

Nesta lexislatura, comeza a cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense, negociaranse o reparto das axudas da PAC e están en xogo máis de 141M€ para o sector agro gandeiro das comarcas de Ourense como A Limia. “A deputada do BNG por Ourense servirá para rematar coa discriminación que sofre o sector primario de Ourense e reclamaremos un reparto xusto dos fondos da PAC. Sen maiorías absolutas o noso voto é decisivo” reivindica Presas.

No concreto, nos regadíos denuncia a inexistencia de avances desde 2008 porque, a pesar de introducir pequenas partidas en cada proxecto de Orzamentos do Estado, aprobados tanto por PP como por PSOE, quedaron sempre sen executar. “Apostamos por xestionar desde Galiza os recursos hídricos rematando coa discriminación de que máis do 80% dos recursos hídricos vaian para o sur no lugar de quedar nas zonas máis húmidas e de favorecer que comarcas tan importantes como a Limia poidan prepararse para o cambio climático e aproveitar o seu potencial” subliña.

Alba Feixóo

“É hora de apostar por criterios que nos favorezan, por favorecer as pequenas explotacións, favorecer a incorporación de xente moza e mesmo impulsar a transformación dos produtos agrarios”  apunta Presas sobre as axudas do desenvolvemento rural.
En materia de infraestruturas viarias, alén do arranxo integral da A-52, a organización nacionalista comprométese a impulsar o proxecto para a construción dunha circunvalación en Xinzo co obxectivo de “desviar o tráfico máis pesado do casco urbano e revitalizar esta zona, sobre todo para favorecer o comercio local e os peóns”. Segundo lembra Presas, esta infraestrutura está pendente de construír desde 2007 polo que os sucesivos gobernos do Estado desatenderon as reclamacións e necesidades da veciñanza limiá.

Mitin do BNG en Xinzo

“Se un pensionista de Ourense xa cobraba menos antes que un pensionista medio doutra parte do Estado, e que agora por riba, a medida que foron subindo os prezos, empobreceuse aínda máis” apunta Presas. Neste sentido, sinala a necesidade de subir as pensións mínimas “e igualalas ao Salario Mínimo Interprofesional” o contribuiría a superar a fenda territorial e mesmo a de xénero porque, segundo os datos, as mulleres son as que perciben a pensión mínima en maior porcentaxe.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser