← Volver La Voz de Galicia

A corrección do entroido

A corrección do entroido

Fotografía de arquivo. A Limia News.

MIGUEL VILLAR

06 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Todos os anos, cando chega o entroido, xorden as mesmas preguntas das amizades que queren saber como é posible que en Xinzo esteamos máis de un mes celebrando a festa dun xeito tan afervoado e teimudo. As respostas, non sempre doadas, adoitan descansar na correa xeracional dunha tradición que vai alagando todo dun forte sentimento que, para moita xente de fóra, poida parecer un chisco irracional. Mais non o é para a xente da vila, que gusta de esconxurar os problemas nestes días alegres que son a lavativa anual dun espírito que constrúe algo importante e inmaterial. En Xinzo, todo o ano é unha sorte de preparación e hai casas onde o entroido sempre está presente nunha agulla que cose, no engrudo para empapelar unha pantalla, na cabeza ociosa de alguén que anda a cavilar en algún espectáculo orixinal e improvisado, nese rapaz que freta as campaíñas que xa lles puxeron música aos entroidos do pai, do avó e mesmo do bisavó, nesa comparsa que reúne unha morea de veciños nun baixo frío para entreteceren as mans e, pór remate, a eses disfraces que despois exhiben polas rúas cun orgullo local… Todo o ano semella destinado a estes días. Con todo, nos últimos tempos, por mor da masificación e dos excesos que leva aparellados, houbo unha corrección case natural: o desprazamento da importancia dos días centrais cara aos días do fareleiro, oleiro ou corredoiro, que no pasado tiñan unha carga ritual e unha participación apenas testemuñal. Por sorte, agora o conto virou e estes días deixaron de ser previos e colleron o aire tradicional dos vellos entroidos, cando as pantallas aínda tiñan espazo para correr e un podía argallar o seu espectáculo particular para gozo da veciñanza sen se ver esmagado pola enxurrada de visitantes. A ver o que nos dura.

Archivado en: Entroido Xinzo de Limia Carnaval

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Carnaval Entroido La Voz de Galicia Opinión prensa Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Un grupo de WhatsApp de médicos de Friol mellora a atención aos pacientes
La Voz de Galicia Un grupo de WhatsApp de médicos de Friol mellora a atención aos pacientes
Profesionais do centro de saúde de Friol usan dende 2013 un grupo de WhatsApp para consultar casos complexos con cardiólogos do HULA, garantindo así diagnósticos máis rápidos e precisos. A iniciativa, creada por un grupo de médicos de Familia, permite intercambiar opinións sobre electrocardiogramas e resolver dúbidas en tempo real. O funcionamento basease en normas éticas moi claras: Privacidade: Protexese a identidade dos pacientes en todo momento. Confidencialidade: Todo o que se comenta no…
1 de octubre de 2026 1 min lectura
Xinzo celebra este domingo o seu segundo Mercado Social
La Voz de Galicia Xinzo celebra este domingo o seu segundo Mercado Social
A Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia acolle este domingo, 4 de outubro, a segunda edición da Feira Mercado Social para fomentar o consumo responsable e o comercio local. O evento, organizado polo Concello e REAS Galicia, desenvolverase nunha carpa instalada na praza en horario de 11:00 a 20:00 horas. Alí atoparás: 20 postos con produtos ecolóxicos, servizos financeiros éticos e información sobre benestar animal. Charlas sobre o relevo xeracional na comarca (12:00 horas). Obradoiros práct…
30 de septiembre de 2026 1 min lectura
A Fiscalía pide 23 anos de cárcel para os pais dunha bebé maltratada en Ourense
La Voz de Galicia A Fiscalía pide 23 anos de cárcel para os pais dunha bebé maltratada en Ourense
A Fiscalía de Ourense solicitou 23 anos de prisión para os pais dunha nena que sufriu maltratos graves e constantes desde que tiña poucas semanas de vida. O xuízase nunha sección penal de Ourense tras os ferimentos detectados nunha bebé que ingresou no hospital en decembro de 2022. Segundo os médicos do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), a nena sufriu diversas lesións que non foron causadas por accidentes, senón por golpes e sacudidas violentas: Fractura de cráneo co risco de perder a vi…
16 de octubre de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser