Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Xinzo de Limia mellora a comunicación viaria das súas aldeas

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
25 xan. 2024
Ver a noticia orixinal

O Concello de Xinzo de Limia acomete novas actuacións nas pistas do rural ó abeiro do Plan MARCO, investindo 85.000€  en 3.800 metros de estrada. No día de hoxe, o alcalde Amador Díaz e o concelleiro de obras, achegáronse ata Morgade para comprobar de primeira man o traballo dos operarios.
O acondicionamento de pistas está tendo lugar en Morgade e na estrada que une Moreiras con Seoane de Oleiros. O edil de obras Moncho Gómez afirma que “levamos anos mellorando as conexións viarias nas diferentes parroquias do Concello, e non pararemos ata chegar a todas”. 
Dende o Concello de Xinzo de Limia faise unha aposta decidida pola mellora de estradas e pistas, cun plan cuxo obxectivo é acometer o maior número de actuacións útiles, non só en Xinzo senón tamén nos 33 núcleos rurais.  As obras en Morgade, Moreiras e Seoane de Oleiros consistiron nun bacheo inicial con posterior aplicación dun triplo rego, así como na limpieza de cunetas en ambas marxes dos tramos reparados.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser