← Volver La Voz de Galicia

Colexios de Galicia e Portugal compartirán actividades

Colexios de Galicia e Portugal compartirán actividades

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Xunta promove competencias bilingües e interculturais con docentes e alumnos
24 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuniuse onte con representantes dos seis centros educativos que participan no novo programa Escolas de Fronteira, a través do que a Xunta promove as competencias bilingües e interculturais entre colexios, docentes e alumnos de Galicia e Portugal.

Neste primeiro curso participan na iniciativa un total de seis centros que xa implementaron nos pasados cursos accións con outros do norte luso. Trátase do CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño), o CEIP Plurilingüe número 1 de Tui, o CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), o CEIP Carlos Casar (Xinzo de Limia), o CEIP Princesa de España (Verín) e o CEIP Plurilingüe Amaro Refojo (Verín).
A representante da Consellería de Cultura e Educación felicitounos pola súa disposición a formar parte desta iniciativa piloto e polo seu interese por texer redes educativas e culturais cos centros do país veciño. Asimesmo, interesouse polos proxectos desenvolvidos en anos anteriores.

Escolas de Fronteira busca promover actividades culturais e pedagóxicas, así como a promoción da identidade común dos pobos galego e portugués dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. Para iso, levaranse a cabo actividades interdisciplinarias que engloben as realidades de ámbolos dous países e, en particular, o territorio fronteirizo no que se atopan as escolas que ás veces só están separadas por uns centos de metros cruzando unha ponte. Cada centro participante realizará un proxecto en conxunto co seu centro espello portugués e promoverase a creación e intercambio de recursos pedagóxicos.
Tamén se impulsará a formación do profesorado. De feito, os docentes encargados da iniciativa en cada colexio participante realizarán unha formación específica sobre metodoloxía de proxectos multiculturais.

A iniciativa enmárcase dentro do programa Escolas Bilingües Interculturais de Fronteira, un proxecto de cooperación entre os gobernos de Portugal, España e as comunidades autónomas e no que tamén colabora a Organización de Estados Iberoamericanos como socio estratéxico. Conta coa participación da Universidade de Aveiro, da Universidad Complutense de Madrid e de centros de formación de profesorado das diferentes comunidades autónomas. En Extremadura, por exemplo, está moi asentada a cooperación e o idioma portugués é xa unha segunda lingua en moitos centros da comunidade.

Archivado en: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaia Consellería de Cultura Portugal Verín Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Consellería de Cultura Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaia La Voz de Galicia Portugal prensa Salvaterra de Miño Verín Vigo Xinzo de Limia Xunta de Galicia
Tamén che pode interesar
A Xunta reparte 263.000 euros para dinamizar os Centros Comerciais Abertos de Ourense
La Voz de Galicia A Xunta reparte 263.000 euros para dinamizar os Centros Comerciais Abertos de Ourense
A Consellería de Emprego acaba de conceder 263.000 euros en axudas para apoiar as actividades de promoción dos seis Centros Comerciais Abertos (CCA) da provincia de Ourense. Estes fondos serven para financiar campañas de fidelización de clientes, captación de novos socios e actividades formativas para os comerciantes. Como novidade este ano, as asociacións poderán usar o diñeiro para ofrecer servizos de ludoteca e ocio infantil, facilitando así que as familias poidan facer as súas compras nos e…
12 de agosto de 2026 1 min lectura
Javier Moro segue á fronte de 'Voces de Ourense' en Radio Voz
La Voz de Galicia Javier Moro segue á fronte de 'Voces de Ourense' en Radio Voz
O xornalista Javier Moro comeza unha nova tempada á fronte do programa local 'Voces de Ourense', que se emitirá de luns a venres, de 12.00 a 14.00 horas. Podes escoitar o espazo nas seguintes frecuencias de radio: Ourense capital e comarca: 89.3 FM Xinzo de Limia: 96.9 FM Verín: 95.8 FM O Barco de Valdeorras e comarca: 97.9 FM O programa mantén as súas seccións clásicas, como os consellos de saúde do doutor Martín Nogueira e do enfermeiro Santiago Barca, a actualidade do tráfico con Benito…
31 de agosto de 2026 1 min lectura
A feira Prolimia de Xinzo ofrece descontos en 24 comercios locais ata este domingo
La Voz de Galicia A feira Prolimia de Xinzo ofrece descontos en 24 comercios locais ata este domingo
O pavillón municipal de Xinzo de Limia acolle a sétima edición da feira Prolimia, onde 24 negocios locais ofrecen produtos con descontos exclusivos durante toda a fin de semana. A feira conta este ano con catro novos expositores e inclúe artigos de moda, calzado, artesanía, alimentación, cosmética e fogar. O obxectivo é potenciar o comercio de proximidade fronte á competencia das grandes cadeas e as compras por Internet. Información práctica: Horario: Aberto ininterrompidamente, agás de 15:00…
29 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser