Clausurado o obradoiro de Os Blancos Baltar e Calvos de Randín

Dende A Limia

Acompañado dos alcaldes dos concellos participantes, José Antonio Feijóo, José Manuel Castro e Aquilino Valencia , Gabriel Alén explicou que este Obradoiro, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investiu 509.987 euros,  formou  20 alumnos – traballadores nos módulos de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (10) e Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros xardinaría (10).

Clausura Obradoiro de emprego ‘Couto Mixto’ 

No concello de Baltar levaron a cabo o arranxo de marquesinas en Boullosa, Meaus, Tosende, San Paio, Gomariz, San Antonino, San Martiño, Montecelo; fixeron a restauración de valados; acometeron a limpezas das fontes de Tixos, San Martiño, Meaus, Gomariz e Sabucedo; levantaron os muros do cemiterio de Tixos e do centro social e  axardinaron o entorno capela e cemiterio en Baltar e a área recreativa na Boullosa.
No concello dos Blancos desenvolveron o arranxo das áreas recreativas de Covelas, Mosteiro, Pexeiros, Pexeiroos, Guntín e Cuquexos;  acondicionaron o parque infantil con colocación de xogos infantís e limpeza, debruce e arranxo de mobiliario urbano nas áreas recreativas de Aguís, Nóveas, Lourenses e Fontearcada.

Clausura Obradoiro de emprego ‘Couto Mixto’ 

No concello de Calvos de Randín fixeron muros de cachotería en Lobás e Serois e xardinaría en Calvos.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA