Domingo, 29 de novembro Xinzo 5° Garda: ANTONIO GOMEZ PENIN
Dende A Limia

A Sainza volveu a ser o que era antano

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
24 set. 2023
Ver a noticia orixinal

Como nos grandes días da Sainza de fai anos o campo de batalla estaba rodeado de miles de persoas que esperaron a celebración da misa campestre presidida por Antonio Fernández e cooficiada polo cura da parroquia Emilio Casal.
Xa facía anos que o palco dende o que se celebra a misa non tiña unha representación tan grande de alcaldes da Limia que arrouparon a alcaldesa socialista Asunción Morgade.

Celebración da misa de campaña

Unha vez rematada a misa “cantada” por unha pianista acompañada por dúas pequenas a viola e ao clarinete, que foron varias veces aplaudidas polo seu acompañamento musical e felicitadas por as autoridades comezaron os preparativos da batalla.
SEMPRE O MESMO, PERO SEMPRE DISTINTO

Momento da conquista do castelo polos cristiáns

O narrador comezou a explicarlle ao público que estoicamente esperaba a batalla, que aquelo era unha figuración e unha ilusión óptica, na que os soldados de un lado e de outro, solo existían na imaxinación de cada un dos presentes.
Como ocorre todos os anos, e tal e como relatan as crónicas, o capitán das tropas cristiáns esgotou todas as formas de parlamento ata chegar a declaración da guerra, que coa axuda, como di el as súas tropas, da Virxe da Merced e o Apóstolo, venceron aos “impíos” e rescataron aos presos.

Alcaldes da comarca e autoridades que a arrouparaon a alcaldesa

Unha vez rematada a batalla a pirotecnia fixo a súa exhibición e co traslado da Virxe a súa capela da Sainza remataron os actos da mañá para pasar todos a compartir mesa, ou chan e mantel unha comida campestre, que co bo día que estivo apetecía.

Os mouros foron apresados

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser