Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

A Garda Civil de Xinzo volveu a celebrar o día da Patroa fora do cuartel

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
12 out. 2023
Ver a noticia orixinal

Esta mañá, volveuse a celebrar a festividade do día do Pilar, patroa da Garda Civil cunha misa na Parroquia de Xinzo a que asistiron autoridades de Xinzo e outros concellos da comarca.

Os membros do Goberno Municipal, acompañados de tres membros da Policía Local, con vestimenta de Gala partiron da Casa Consistorial para achegarse ao atrio da Igrexa Nova, onde D.Jaime e D. Tomás, párrocos esperaban tanto aos invitados políticos como aos membros da Garda Civil, tamén con vestimenta de Gala.

Despois da celebración da misa cuxa música a puxeron membros da Agrupación Musical da Limia e a Coral Sta. Mariña.
Rematado o acto relixioso e antes de dirixirse aos baixos do cuartel da Garda Civil, todos os asistentes invitados departiron un rato no atrio e se fixeron as tradicionais “foto de familia”.

PETISCOS DA PATROA
Preto da unha os invitados ían chegando aos baixos do cuartel, no que os esperaba a música en directo do grupo “Tarde Piache” e como en toda festa foron recibidos con “bombas de palenque”.
As mesas repletas de petiscos recibían aos invitados que departiron durante varias horas para celebrar a patroa da Garda Civil, que este ano volveu a celebrar a festa despois do parón da pandemia.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser