Mércores, 11 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
CDR O Viso

Estivemos na Área de Benestar Social da Deputación de Ourense

2 min de lectura

Fonte
CDR O Viso
Publicada
19 out.
Ver a noticia orixinal

Este luns 19 de outubro estabamos convocados a unha reunión na Deputación de Ourense; recibíronnos Patricia Torres, deputada de Políticas Sociais, Conciliación e Envellecemento Activo, e Montse Rodríguez, Directora adxunta da Área de Benestar.
Durante o encontro tivemos a oportunidade de compartir algo da realidade do traballo que desenvolvemos e enfocamos algúns asuntos nos que podemos mellorar coa boa disposición e a experiencia de colaboración que recentemente tivemos coa Regularización Extraordinaria de migrantes, proceso no que participamos conxuntamente. Foi aquí onde salientamos a gran perda de José Juan Cerdeira, o Director da Área de Benestar da Deputación.
Quixemos agradecer á Deputación de Ourense a súa confianza e apoio, e agradecemos a súa disposición para seguir colaborando, readaptando os servizos e impulsando novas liñas de traballo conxuntas; referidas ó transporte, á teleasistencia, ás redes comunitarias de apoio; banco de axudas técnicas ou produtos de apoio, despoboamento, acompañamento no territorio…
E convidámolas a visitarnos, a coñecer a nosa realidade cotiá. Déronnos por feito que así será.
Sabemos que a cooperación entre institucións e entidades do territorio é fundamental para dar resposta ás necesidades da poboación, fortalecer os recursos existentes e promover iniciativas que melloren o benestar e a calidade de vida das persoas. Desde o CDR O Viso seguimos apostando polo traballo en rede, polo desenvolvemento rural e pola creación de oportunidades para a nosa comarca. E seguimos atopando persoas que sintonizan, coa vontade necesaria para  axudar e aprendermos xuntas a brindar a mellor axuda posible.
 

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser