
A Limia News
Aviso amarelo por tormentas este luns en gran parte de Galicia
- Fonte
- A Limia News
- Publicada
- 9 nov.
A Xunta activou un aviso amarelo por tormentas para este luns, 9 de novembro, que afectará a boa parte da comunidade, incluíndo o sur de Ourense, a montaña, Valdeorras, Pontevedra e o oeste da Coruña.
O episodio meteorolóxico comezará a media tarde deste luns e estenderase ata a madrugada do martes, 10 de novembro.
Ante esta previsión, as autoridades recomendan:
- Manterse informado da evolución do tempo.
- Adoptar precaucións ante posibles acumulacións de auga ou raios.
- En caso de emerxencia, chamar directamente ao 112.
Para seguir a previsión ao detalle, podes consultar as páxinas web de MeteoGalicia e da AEMET.


