Luns, 9 de novembro Xinzo 15° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

As tormentas de onte causaron considerables danos no Hipódromo de Antela

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
27 xuño 2024
Ver a noticia orixinal

Onte entre as 21:30 e as 22.30 h, unha intensa tormenta de auga, vento e sarabia caiu no Hipodromo de Antela.

A treboada afectou de forma intensa  a zona norte da pista de carreiras e o picadeiro olímpico cuberto.
O forte vento arrincou algunhas das laminas translúcidas do teito do picadeiro e parte do valado perimetral da pista de carreiras.

Así como tamén volcou e desprazou os caixóns de saida. No entorno tamén tumbou e rompeu arbores do perímetro.

No resto das instalcións non se detectaron mais incidentes , agás acumulacións puntuais de auga e sarabia. Por sorte os equinos que se atopaban estabulados no Hipódromo non se viron afectados. Preveese solventar os danos ocasionados ao largo do día de hoxe nas áreas afectadas. O resto do Hipódromo continuara coa súa actividade normal, pendentes das tormentas prevista para hoxe e mañan. O cal podería levar a suspensión das actividades mentres duren os fenómenos metereolóxicos. Materán informados aos usuarios do centro ecuestre.
.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser