Denuncian manchas de aceite e gasóleo na poza da Pedra Alta en Sarreaus
O colectivo Amigas das Árbores alerta da aparición de verteduras contaminantes na poza da antiga mina de feldespatos de Cortegada da Limia, nunha zona que xa fora sinalada anteriormente pola presenza de bacterias tóxicas. A organización sospeita que os restos de combustible, detectados este mes de setembro de 2026, proveñen da draga que quedou afundida tras o abandono da explotación mineira. O colectivo amosa a súa preocupación polo risco que estes residuos supón para o manancial do río Limia…









