Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

O segredo dos camiños. Baixo a mirada do Ambrosio

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Sarreaus
Publicada
19 dec. 2024
Ver a noticia orixinal

Mañá  venres 20 de decembro terá lugar a exposición “O segredo dos camiños. Baixo a mirada do Ambrosio”, realizada con un dos participantes do proxecto Biocoidados dende o CDR O Viso, nas Casas da Memoria en Lodoselo.
Este proxecto nace tras coñecer a Ambrosio, un veciño de Ameá, que despois de indagar sobre a súa historia de vida e os seus desexos, comezamos o traballo de acompañalo polas diferentes aldeas de Sarreaus, coa finalidade de atoparse con antigas amizades, as cales levaba moitos anos sen ver.Os acompañamentos comezaron a converterse en rutas turísticas, e coa escusa sempre de ver algún veciño ou veciña da contorna empezaron a saír grandes anécdotas de recunchos singulares que se esconden en cada unha destas aldeas.Con esta exposición pretendemos mostrar, de forma ilustrada, todos aqueles lugares que Ambrosio nos ensinou, e todos aqueles contos que os acompaña.Falamos do forno de Ameá, da forxa de Lodoselo, da Capela dos Milagres de Portela da Quinta, da fonte de Celanova en Meilás e do Penedo do Arangaño que se atopa entre Cortegada e Perrelos. Falamos de lugares sobranceiros que gardan miles de historias de vida. Pero sobre todo, falamos da importancia de escoitar ós nosos maiores, de recoller e gardar cada un dos contos e vivencias que están a piques de disiparse.Dende o CDR O Viso agradecemos as aportacións do Ambrosio como mostra de gratitude por compartir e transmitir os seus saberes. E animamos a toda a veciñanza a acompañarnos neste día tan especial, onde o Ambrosio relatará como fomos construíndo e mimando este proxecto.Estas accións enmárcanse no proxecto #Biocoidados: Novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (Coceder).

Saber máis · Descubre A Limia Sarreaus 1.068 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser