Un camión cargado de porcos vólcase en Baltar sen deixar feridos
Un camión que transportaba porcos sufriu un accidente este mércores en Baltar ao envorcar na estrada OU-304, ao seu paso pola localidade de Tixós. O suceso ocorreu arredor das 12:00 horas e, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. O vehículo saíu da vía e tirou parte do mobiliario urbano antes de quedar envorcado. Tras o accidente, o lugar quedou nunha situación pouco habitual ao quedaren os animais varados nunha leira próxima. Os servizos de emerxencia desprazáronse ao punto…




