Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Rematou a primeira manga do campionato galego de parapente

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Baltar
Publicada
4 ago. 2023
Ver a noticia orixinal

No día de hoxe 4 de agosto celebrouse a primeira das tres probas que teñen que celebrar os pilotos de parapente para poder ser o campión de Parapente de Galicia
BALTAR-TIXOS-BOULLOSA-BALTAR

Na primeira manga das tres os pilotos despegaron na zona norte do Larouco dirixíndose a “ceo aberto” ata Tixós, para dende alí trasladarse ata a Boullosa, pasando por Baltar e logo volta a zona “gol” que se atopaba no despegue norte, de onde saíran.
Máis do 50% dos pilotos que participaron nesta primeira manga do campionato, facíano por primeira vez.
As condicións climáticas eran perfectas para a practica deste deporte que día a día vai collendo máis adeptos que veñen a practicala a Serra do Larouco.
Sen incidencias
Durante o día de hoxe non houbo ningunha incidencia.
Mañá comezará o Encontro de Parapente, para aqueles pilotos que non participan no campionato.
CEA DE CONFRATERNIZACIÓN
Mañá pola noite rematada a segunda manga haberá unha cea de confraternización na que asistirán máis de 130 deportistas.

Saber máis · Descubre A Limia Baltar 849 habitantes · 7 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser