O Antela F. C. estrea patrocinador na nova tempada de Terceira e colaborará coas Adegas Ladairo, de Oímbra, para promocionar os produtos da Denominación de Orixe Monterrei.
Grazas a este acordo, os afeccionados que acudan ao campo da Moreira terán un premio extra nas rifas de cada partido como local:
- Premio: unha botella de 1,5 litros da Colección de Familia (colleita 2024).
- Orixe: Adegas Ladairo, fundada nos anos oitenta e con 20 hectáreas de viñedo propio.