Representantes de México, Ecuador e Bolivia visitaron esta semana o Concello de Xinzo de Limia para aprender como se xestionan os servizos públicos locais.
A visita foi organizada polo Instituto Internacional de Marketing e Comunicación, dirixido polo veciño de Baltar, Eladio Jardón. O obxectivo era que este grupo de reitores, xuíces e políticos coñecesen de primeira man o modelo de xestión dun concello galego.
Durante a xornada, os asistentes tamén participaron nunha charla sobre comunicación institucional impartida por Marcos Argibay.