← Volver Dende A Limia

Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para potenciar este deporte na provincia

Nace a Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base para potenciar este deporte na provincia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un total de doce clubs de baloncesto da Delegación de Ourense constituíron este xoves, 2 de xullo, a nova Asociación Ourensá de Clubs de Baloncesto Base (AOCBB) co obxectivo de defender os seus intereses e fomentar a práctica desta disciplina.

A entidade formalizouse tras unha xuntanza celebrada na Sala de Xuntas das Federacións, situada no barrio do Couto. Tras dúas horas de debate sobre os estatutos e as finalidades da asociación, os clubs fundadores asinaron a acta que pon en marcha esta nova organización, que xa ten programada a súa primeira reunión oficial co presidente da Federación Galega, Julio Bernárdez, para este vindeiro martes 7 de xullo.

Os doce clubs fundadores que integran a AOCBB son:

Desde a asociación sinalan que o resto de clubs da delegación están invitados a sumarse ao proxecto no momento que o desexen. En canto ao seu funcionamento interno, a AOCBB rexerase pola súa Asemblea Xeral baixo o principio de «un club, un voto». A Xunta Directiva, que actuará como órgano de representación institucional, renovarase anualmente cada mes de xullo.

Os fins principais da nova entidade son:

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Celebración do ascenso histórico do Antela F.C. en Xinzo de Limia
Dende A Limia Celebración do ascenso histórico do Antela F.C. en Xinzo de Limia
O alcalde de Xinzo de Limia e o seu equipo de goberno realizaron unha recepción oficial á directiva do Antela F.C. para conmemorar o seu histórico ascenso de categoría. Este logro deportivo coincide co 107º aniversario da entidade, marcando un momento clave na historia do club. Para celebrar este fito, o venres 26 de xuño realizarase unha xornada festiva que incluirá: Percorrido festivo: Un desfile do equipo polas rúas de Xinzo para que a veciñanza poida saudar aos deportistas. Homenaxe públi…
23 de junio de 2026 1 min lectura
O poema de Antón Tovar, protagonista nas oposicións de Lingua Galega e no Certame literario da Limia
Dende A Limia O poema de Antón Tovar, protagonista nas oposicións de Lingua Galega e no Certame literario da Limia
O recoñecido poema de Antón Tovar, extraído do seu libro Calados esconxuros, foi seleccionado este 20 de xuño de 2026 para o comentario literario nas oposicións ao corpo de profesorado de Educación Secundaria na especialidade de Lingua Galega e Literatura. A elección deste texto literario coincidiu, de xeito destacado, coa entrega do III Certame Antón Tovar no Museo da Limia, galardón que nesta edición recaeu na profesora Carme Gómez García. Calados esconxuros, a obra que contén o poema obxect…
24 de junio de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense aprueba investimentos por máis de 1,2 millón de euros para mellorar os servizos na provincia
Dende A Limia A Deputación de Ourense aprueba investimentos por máis de 1,2 millón de euros para mellorar os servizos na provincia
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un total de 50 asuntos que mobilizan recursos por un importe de 1.201.220,12 euros. O presidente provincial, Luis Menor, destacou que estes acordos buscan fortalecer a cooperación municipal e apoiar o tecido social, deportivo e económico para mellorar a calidade de vida en todo o territorio. Cooperación municipal e infraestruturas O bloque máis importante, cun importe de 630.080,62 euros, destínase á cooperación cos concellos para a mellora d…
22 de junio de 2026 3 min lectura