Xinzo programa el asfaltado de la N-525 durante cuatro semanas de mayo | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

O Concello de Xinzo de Limia avanza na humanización da travesía da N-525

O Concello de Xinzo de Limia levará a cabo os traballos de asfaltado do proxecto de humanización da travesía da N-525 durante o mes de maio, condicionados ás condicións meteorolóxicas.

O calendario de actuacións divídese da seguinte maneira:

  • Do 4 ao 8 de maio: Inicio nos traballos do carril bici, a entrada pola Avenida de Madrid (desde a gasolinera ata a Avenida de Portugal) e a zona centro (ata o Grupo Santa Mariña).
  • Do 11 ao 15 de maio: Finalización do asfaltado no núcleo central, intervención na zona de O Pombal (día 14) e inicio da conexión entre a rotonda de O Pombal e o acceso á A-52.
  • Do 18 ao 22 de maio: Desenvolvemento íntegro dos traballos na conexión entre a rotonda de O Pombal e a A-52.
  • Do 25 ao 29 de maio: Conclusión da unión coa autovía (día 26) e asfaltado do tramo final, desde a rotonda da A-52 ata a zona dos institutos, prevéndose a finalización a obra o día 29.

A administración local solicita a colaboración da veciñanza e recomenda extremar a precaución ante as sinalizacións de tráfico provisorias que se instalarán durante a execución das obras.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA