← Volver Diario do Limia

Un home queda gravemente ferido tras caer dunha árbore en Rairiz de Veiga

Un home queda gravemente ferido tras caer dunha árbore en Rairiz de Veiga

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un home resultou gravemente ferido este sábado na aldea de Zapeaus, no concello de Rairiz de Veiga, ao precipitarse desde unha altura aproximada de catro metros mentres realizaba labores de poda dunha árbore.

O 112 Galicia coordinou a resposta emerxente tras recibir o aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, solicitando tamén a intervención da Guardia Civil para asegurar a zona e axudar nas labores de asistencia.

Debido á gravidade das lesións, o herido foi estabilizado no lugar do accidente e trasladado mediante un helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para recibir atención especializada.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local Rairiz de Veiga
Tamén che pode interesar
O histórico Comercio dos Bobillo abre de novo as súas portas en Rairiz de Veiga
Diario do Limia O histórico Comercio dos Bobillo abre de novo as súas portas en Rairiz de Veiga
A Feira da Pereira recuperou esta fin de semana o emblemático Comercio dos Bobillo, un establecemento de máis de 150 anos que levaba seis décadas pechado ao público. Situado no concello de Rairiz de Veiga, este antigo negocio foi un piar económico e social da comarca da Limia durante xeracións. A súa reapertura foi o acto central da feira deste ano, permitindo aos veciños volver visitar un lugar clave na súa memoria e aos máis novos descubrir o seu valor histórico. O inmoble ten un significado…
3 de agosto de 2026 1 min lectura
Un motorista ferido grave nun accidente en Xinzo de Limia
Diario do Limia Un motorista ferido grave nun accidente en Xinzo de Limia
Un motorista resultou ferido de gravidade esta tarde tras saírse da estrada OU-1112, que une Xinzo de Limia con Os Blancos. O accidente ocorreu ao redor das 15:01 horas no punto quilométrico 9 da vía. Tras ser atendido nun primeiro momento no PAC de Xinzo, o ferido tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado para recibir atención especializada de urxencia.
9 de julio de 2026 1 min lectura
O Festival de Bandas de Gaitas de Xinzo remata este domingo
Diario do Limia O Festival de Bandas de Gaitas de Xinzo remata este domingo
A praza Carlos Casares de Xinzo de Limia acolleu este sábado a segunda xornada do VIII Festival Internacional de Bandas de Gaitas. O evento reúne agrupacións musicais de toda a Península para celebrar a tradición da música de raíz. Na xornada de onte, o público puido escoitar as actuacións de: Banda de Gaitas Vega de Espinareda. Escola de Gaitas de Ortigueira. Banda de Gaites Villaviciosa "El Gaitero". Cantareiras da Limia. Banda de Gaitas de Xinzo de Limia. O festival pechará as súas por…
1 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser