Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Diario do Limia

NOTICIAS A LIMIA | As Olimpíadas Rurais Interpobos regresan o 2 de setembro a Xinzo

2 min de lectura

Fonte
Diario do Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
16 ago. 2023
Ver a noticia orixinal

No verán de 2022, as Olimpíadas Rurais Interpobos colleitaron un gran éxito de participación, polo que o vindeiro 2 de setembro retornarán a Xinzo para celebrarse de novo. A xornada, que terá lugar na Alameda do Toural, será un día de convivencia, dinamización e a inclusión social.
O evento está organizado polo CDR O Viso, en colaboración co colectivo RAS, e contará con varias probas deportivas como un duatlón (bicicleta e carreira a pé), carreira de velocidade ou lanzamentos, pero tamén haberá xogos populares, entre outras. Estas actividades levaranse a cabo dende as 10:00 ata as 21:00 horas, con descanso para o xantar e con entrega de premios ao remate.

Os grupos participantes, ao igual que na anterior edición gañada polo equipo de Vilar de Santos, terá que estar formado de 6 a 12 integrantes, sendo imprescindible que sexan mixtos e tratando de equiparar o máximo posible o número de homes e mulleres.

Esta actividades, na que os organizadores traballan dende o inicio do verán, enmárcase no Programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia; así coma coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia.

Cartel das Olimpíadas Rurais Interpobos.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser