Medio Rural suspende as queimas de particulares en toda Galicia desde este mércores | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

A Consellería do Medio Rural informou hoxe da suspensión temporal das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en toda Galicia. Esta medida preventiva, que entra en vigor mañá mércores, 25 de marzo, e permanecerá activa ata novo aviso, supón a paralización da tramitación de novas autorizacións e a perda de validez dos permisos xa concedidos.

A decisión baséase na avaliación da evolución meteorolóxica e indicadores técnicos que afectan ao risco de incendio, buscando restrinxir o uso do lume cando as condicións climáticas dificulten o seu control. Quedan excluídas desta prohibición as queimas prescritas e controladas executadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF).

A Xunta de Galicia fai un chamamento á cidadanía para extremar as precaucións no rural e colaborar na denuncia de actividades incendiarias. Lémbrase que o uso do lume por particulares está prohibido durante a alerta, e recoméndase ter á man o número gratuíto 085 para alertar de calquera signo de lume no monte.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA