O concello de Vilar de Barrio e Lobeira reciben axudas da Deputación para melloras nas infraestruturas, saneamento e eficiencia enerxética.

Dende A Limia

A Deputación de Ourense aprobou na Xunta de Goberno do 23 de marzo un conxunto de actuacións que suman un investimento de 423.825,59 euros. Estas accións buscan reforzar a cooperación cos concellos da provincia e da Mancomunidade de Municipios da comarca de Ourense, respondendo ás necesidades do territorio e mellorando a calidade de vida da veciñanza.

As intervencións aprobadas inclúen melloras de camiños e viarios municipais, infraestruturas de saneamento e abastecemento, eficiencia enerxética e alumeado público, así como investimentos en equipamentos e servizos municipais.

Os concellos beneficiados son Beariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada, Cualedro, O Irixo, Lobeira, Montederramo, Riós, San Cibrao das Viñas e Vilar de Barrio, ademais da Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense.

O presidente provincial, Luis Menor, destacou que estas achegas reforzan o compromiso da Deputación cun modelo de provincia baseado na cooperación municipal, a cohesión territorial e o apoio aos concellos, en particular aos de menor tamaño, para o seu desenvolvemento equilibrado.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA